gl_jhn_text_reg/08/42.txt

1 line
495 B
Plaintext

\v 42 Xesús díxolles: Se Deus fose o voso Pai, amaríadesme, porque eu saín de Deus e viñen del, pois non viñen pola miña conta, senón que El me enviou. \v 43 Por que non entendedes o que digo? Porque non podedes ouvir a miña palabra. \v 44 Sodes do voso pai o demo e queredes facer o que o voso pai desexa. El dende o comezo foi un homicida, e non permaneceu na verdade porque non hai verdade nel. Cando fala mentira, fala da súa propia natureza, porque é mentireiro e pai da mentira.