\v 13 E zarpando de alí, seguimos pola costa ata chegar a Rexio. Ao día seguinte púxose o vento do sur, e en dous días chegamos a Puteoli. \v 14 Alí atopamos a algúns irmáns que nos invitaron a quedar con eles por sete días. E así chegamos a Roma. \v 15 Cando os irmáns souberon da nosa chegada, viñeron dende aló a recibirnos ata o Foro de Apio e As tres Tabernas; e cando Pablo alcanzou a velos, deu gracias a Deus e colleu folgos.