\v 8 \v 9 \v 10 Entrou Pablo na sinagoga, e por tres meses falou con ousadía, discutindo e convencendo en torno ao reino de Deus. Pero cando algúns deles se endureceron e tornaron desobedientes falando mal do Camiño diante da multitude, Pablo afastouse deles levando con el aos discípulos, e discutía a cotio na escola de Tirano. Isto continuou por dous anos, de xeito que todos os que vivían en Asia ouviron a palabra do Señor, tando xudeus coma gregos.