gl_2co_text_reg/12/08.txt

1 line
429 B
Plaintext

\v 8 Por tres veces pedinlle ao Señor que o arredase de min; \v 9 e él díxome: a miña graza é suficiente, porque o poder perfecciónase na debilidade. Daquela, presumirei con gusto das miñas debilidades, para que se vexa en min o poder do Mesías. \v 10 Por él síntome feliz nas debilidades, nas afrontas, nas necesidades, nas persecucións, nas angustias por causa de Cristo, porque cando estou débil, entón son forte.