gl_2co_text_reg/12/08.txt

1 line
426 B
Plaintext

\v 8 Por tres veces pedinlle ao Señor que o arredase de min; \v 9 e el díxome: "a miña graza é suficiente, porque o poder perfecciónase na debilidade". Daquela, presumirei con gusto das miñas debilidades, para que se vexa en min o poder do Mesías. \v 10 Por el síntome feliz nas debilidades, nas afrontas, nas necesidades, nas persecucións, nas angustias por mor de Cristo, porque cando estou feble, entón son forte.