gl_2co_text_reg/01/05.txt

1 line
435 B
Plaintext

\v 5 Porque así como abundan en nós os sufrimentos de Cristo, así abunda tamén o noso consolo por medio de Cristo. \v 6 Pero se somos aflixidos, é para vosa consolación e salvación; ou se somos consolados, é para consolación vosa, obrando na paciencia dos mesmos padecementos que nós padecemos. \v 7 E a nosa esperanza sobre vós é firme, sabendo que como sodes copartícipes dos sofrimentos, tamén o sodes da consolación.