gl_php_text_reg/04/14.txt

1 line
438 B
Plaintext

\v 14 Con todo, fixestes ben en compartir comigo na miña aflición. \v 15 E vós mesmos, filipenses, tamén sabedes que ao comezo do evanxeo, despois que saín de Macedonia, ningunha igrexa compartiu comigo no tocante a dar e recibir, senón só vós; \v 16 porque tamén a Tesalónica enviastes máis dunha vez para as miñas necesidades. \v 17 Non é que ande atrás do que me dades, senón que procuro froito que abunde na vosa conta.