\v 17 Naquel tempo chamarán a Xerusalém: "trono de Iahveh"; e tódalas nacións acudirán a ela, a Xerusalém, por mor do nome de Iahveh; e non andarán máis tras da dureza do seu malvado corazón. \v 18 Naqueles días andará a casa de Xudá coa casa de Israel, e virán xuntas dende a terra do norte á terra que dei en herdanza aos vosos pais.