Thu Nov 21 2024 11:15:27 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-21 11:15:27 +01:00
parent cd66f2e70c
commit fb4d37a336
10 changed files with 10 additions and 0 deletions

1
02/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Espantádevos, ceos, por isto, e tremede, quedade en extremo desolados - di Iahveh -. \v 13 Porque dous males fixo o meu pobo: abandonáronme a min, fonte de augas vivas, e cavaron para si cisternas, cisternas escachadas que non reteñen a auga.

1
02/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 É un escravo Israel ou un servo nacido na casa? Por que se converteu en presa? \v 15 Contra el ruxiron os leóns, ruxiron forte, e fixeron da súa terra unha desolación; as súas cidades están queimadas, sen habitantes. \v 16 Mesmo os homes de Menfis e de Tafnes raparon a túa cabeza. \v 17 Non che aconteceu isto por ter abandonado a Iahveh o teu Deus, cando El te guiaba polo camiño?

1
02/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 E agora, que fas camiño a Exipto para beber as augas do Nilo? Ou que fas rumbo a Asiria para beber as augas do Éufrates? \v 19 Castigarate a túa propia maldade! E as túas apostasías condenarante! Recoñece, pois, e mira que é malo e amargo deixar a Iahveh o teu Deus, e non ter temor de min, di Iahveh, Deus dos exércitos.

1
02/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 Porque hai tempo que rompín o teu xugo e arrinquei as túas ataduras; pero ti dixeches: non quero servir! Porque sobre todo outeiro alto e debaixo de toda árbore frondosa botábaste coma prostituta. \v 21 Pero Eu planteite como vide escollida, toda ela de cepas xenuínas. Como, pois, te volviches diante de min bacelo dexenerado de vide allea? \v 22 Aínda que te laves con lixivia e empregues moito xabón, a mancha da túa iniquidade aínda está diante de min, di Iahveh Deus.

1
02/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 Como podes dicir: non estou manchada, non fun detrás dos baales? Mira o teu proceder no val, recoñece o que fixeches. Es unha dromedaria desbocada e lixeira que enredou os seus pasos, \v 24 asna montesa afeita ao deserto! que no seu ardor ule o vento, quen poderá reprimir o seu celo? Todos os que a busquen, non se han fatigar, atoparana sempre disposta. \v 25 Garda os teus pés de andar descalzos e a túa gorxa da sede. Mais dixeches: non hai remedio, non! Amo os estranxeiros, e detrás deles andarei!

1
02/26.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 26 Como se avergoña o ladrón cando é descuberto, así será avergoñada a casa de Israel: os seus reis, os seus príncipes, os seus sacerdotes e os seus profetas; \v 27 os que din á madeira: "ti es o meu pai," e á pedra: "ti enxendráchesme." Porque eles volvéronme as costas, e non a cara; pero no tempo da súa calamidade dirán: érguete e sálvanos! \v 28 Mais onde están os teus deuses, os que fixeches para ti? Que se levanten, a ver se poden salvarte no tempo da túa calamidade! Porque segundo o número das túas cidades son os teus deuses, Oi Xudá.

1
02/29.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 29 Por que contendedes comigo? Todos vós vos rebelastes contra min, di Iahveh. \v 30 En balde ferín os vosos fillos, eles non aceptaron a corrección. A vosa espada devorou os vosos profetas coma un león destrutor. \v 31 Oi xeración, atendede á palabra de Iahveh! Fun eu un deserto para Israel? Ou unha terra de tebras? Por que di o meu pobo: somos libres, non volveremos máis a ti?

1
02/32.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 32 Esquécese unha virxe dos seus enfeites, ou unha noiva do seu atavío? Pois o meu pobo esqueceume por innumerables días. \v 33 Que ben preparas o teu camiño para buscar o amor! Por iso aínda ás malvadas ensinaches os teus camiños. \v 34 Tamén nas túas sandalias atopouse sangue da vida de pobres inocentes; non os atopaches forzando a entrada. Pero a pesar de todo isto,

1
02/35.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 35 aínda dis: son inocente, certamente a súa ira afastouse de min. Velaquí, entrarei en xuízo contigo porque dis: non pequei. \v 36 Por que dás tantas voltas mudando o teu camiño? Tamén por Exipto serás avergoñada como fuches avergoñada pola Asiria. \v 37 Tamén de alí sairás coas mans na cabeza; porque Iahveh rexeitou a aqueles en quen confías, e non prosperarás con eles.

1
03/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 3