Thu Nov 21 2024 13:47:35 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
bd8bbdc634
commit
9baef1de2e
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 6 Collendo eles a Xeremías, botárono na cisterna de Malaquías, fillo do rei, que había no patio da garda, e baixaron a Xeremías con cordas. Na cisterna non había auga, senón lama, e Xeremías afundiu na lama.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 7 Cando oíu Ebed-melec o etíope, eunuco do pazo do rei, que botaran a Xeremías na cisterna, estando o rei sentado á porta de Benxamín, \v 8 saíu Ebed-melec do palacio real e falou ao rei, dicindo: \v 9 Oi rei, meu señor, estes homes actuaron mal en todo canto fixeron ao profeta Xeremías botándoo na cisterna; morrerá onde está por mor da fame, porque non hai máis pan na cidade.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 10 Entón o rei ordenou ao etíope Ebed-melec, dicindo: -Toma baixo o teu mando a tres homes de aquí, e saca o profeta Xeremías da cisterna antes de que morra. \v 11 Ebed-melec colleu os homes baixo o seu mando, entrou no palacio do rei ao lugar debaixo do cuarto do tesouro e colleu de alí roupas rachadas e trapos vellos, e xunto cunhas sogas, botoullas a Xeremías na cisterna.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 12 E o etíope Ebed-melec dixo a Xeremías: -Pón agora estas roupas rachadas e os trapos debaixo dos teus brazos, debaixo das sogas; e así o fixo Xeremías. \v 13 Tiraron de Xeremías coas sogas e subírono da cisterna. E quedou Xeremías no patio da garda.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 14 Entón o rei Sedequías mandou traer diante del ao profeta Xeremías á terceira entrada que había na casa de Iahveh; e díxolle o rei a Xeremías: -Vouche preguntar unha cousa; non me escondas nada. \v 15 E Xeremías dixo a Sedequías: -Se cho fago saber, non é certo que me matarás? E se che dou un consello, non me escoitarás. \v 16 Pero o rei Sedequías xurou en segredo a Xeremías, dicindo: -Vive Iahveh, que nos deu esta vida, que certamente non te matarei nin te entregarei nas mans daqueles homes que buscan a túa vida.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 17 E Xeremías dixo a Sedequías: -Así di Iahveh, Deus dos exércitos, o Deus de Israel: se en verdade te entregas aos príncipes do rei de Babilonia, entón vivirás, e esta cidade non será incendiada, e vivirás, ti e a túa casa. \v 18 Pero se non te entregas aos príncipes do rei de Babilonia, esta cidade será entregada nas mans dos caldeos; eles incendiarana e ti non poderás fuxir das súas mans.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 19 Entón dixo o rei Sedequías a Xeremías: -Teño medo dos xudeus que se pasaron aos caldeos, non sexa que me entreguen nas súas mans e me maltraten.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 20 Pero Xeremías dixo: -Non te entregarán. Rógoche que escoites a voz de Iahveh no que che digo, e irache ben e vivirás. \v 21 Mais se segues a rexeitar entregarte, esta é a palabra que Iahveh me amosou:
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 22 Velaí, tódalas mulleres que quedan no palacio do rei de Xudá, serán levadas aos oficiais do rei de Babilonia, e elas mesmas dirán: enganáronte e prevaleceron contra ti os teus bos amigos, e agora que os teus pés estaban afundidos na lama, volvéronse atrás. \v 23 E todas as túas mulleres e os teus fillos serán levados aos caldeos, e ti non fuxirás das súas mans, senón que serás apresado pola man do rei de Babilonia, e esta cidade será incendiada e queimada.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 24 Entón Sedequías dixo a Xeremías: -Que ninguén saiba destas palabras, e non morrerás. \v 25 Pero se os oficiais se enteran de que falei contigo, e veñen a ti e che din: -Dinos agora o que lle dixeches ao rei e que foi che dixo o rei de volta, sen nos ocultar nada e non te mataremos, \v 26 ti diraslles: -Supliquei ao rei que non me fixera volver á casa de Xonatán, para morrer alí.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 27 Entón viñeron todos os oficiais a Xeremías e interrogárono. E el contoulles conforme todas estas palabras que o rei lle ordenara; e non lle preguntaron máis, de tal xeito que dese asunto ninguén soubo máis nada. \v 28 Así Xeremías quedou no patio da garda ata o día en que Xerusalém foi tomada. E estaba alí cando Xerusalém foi conquistada.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 39 \v 1 E aconteceu que Xerusalém foi tomada no ano noveno de Sedequías, rei de Xudá, no décimo mes, cando veu Nabucodonosor, rei de Babilonia, con todo o seu exército contra Xerusalém, e sitiouna. \v 2 No ano undécimo de Sedequías, no mes cuarto, no noveno día do mes, abriuse unha fenda no muro da cidade. \v 3 E entraron todos os oficiais do rei de Babilonia e sentaron na porta central: Nergal-sarezer, Samgar-nebo, Sarse-quim o Rabsaris, Nergal-sarezer o Rabma e todos os demais oficiais do rei de Babilonia.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 4 E aconteceu que cando os viu Sedequías, rei de Xudá, e tódolos homes de guerra, fuxiron e saíron da cidade á noitiña polo camiño do xardín do rei, pola porta entre os dous muros; e marcharon polo camiño da Arabá. \v 5 Pero o exército dos caldeos perseguiunos, e alcanzaron a Sedequías nos campos de Iericó; apresárono e levárono a Ribla na terra de Hamat, onde Nabucodonosor, rei de Babilonia, dictou sentenza contra del.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 6 Entón o rei de Babilonia degolou os fillos de Sedequías diante dos seus ollos en Ribla; tamén o rei de Babilonia degolou a tódolos nobres de Xudá. \v 7 Despois sacoulle os ollos a Sedequías e atouno con grillóns de bronce para levalo a Babilonia.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
Capítulo 39
|
Loading…
Reference in New Issue