Thu Nov 21 2024 13:39:35 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-21 13:39:35 +01:00
parent cd7edbdb8a
commit 1bd38ba9a5
19 changed files with 19 additions and 0 deletions

1
34/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 34 \v 1 Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, cando Nabucodonosor, rei de Babilonia, e todo o seu exército e tódolos reinos da terra que estaban baixo o seu dominio e tódolos pobos pelexaban contra Xerusalém e contra tódalas súas cidades: \v 2 Así di Iahveh, Deus de Israel: -Vai e fala a Sedequías, rei de Xudá, e dille: así di Iahveh: Eu entrego esta cidade nas mans do rei de Babilonia para que lle prenda lume. \v 3 E ti non fuxirás da súa man, senón que serás capturado e entregado na súa man; os teus ollos verán os ollos do rei de Babilonia, e el falará contigo cara a cara, e irás a Babilonia.

1
34/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Con todo, escoita a palabra de Iahveh, Sedequías, rei de Xudá. Así di Iahveh de ti: non morrerás á espada; \v 5 en paz morrerás. Como queimaron especias polos teus pais, os reis anteriores que te precederon, así queimarán especias por ti, e dirán: Ai, señor! farán lamentación por ti: porque Eu falei esta palabra, di Iahveh.

1
34/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Entón o profeta Xeremías falou a Sedequías, rei de Xudá, todas estas palabras en Xerusalém \v 7 mentres o exército do rei de Babilonia loitaba contra Xerusalém e contra tódalas cidades que quedaban en Xudá, é dicir, Laquis e Azeca, pois só estas quedaban como cidades fortificadas entre as cidades de Xudá.

1
34/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh, despois de que o rei Sedequías fixera un pacto con todo o pobo que había en Xerusalém para promulgar unha remisión: \v 9 que cada un tiña que poñer en liberdade o seu servo hebreo e a súa serva hebrea, para que ninguén retivese a un xudeu, seu irmán, en servidume.

1
34/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 E obedeceron todos os oficiais e todo o pobo que entraran no pacto, de que cada un deixara en liberdade o seu servo e a cadansúa serva, de modo que ninguén os mantivera máis en servidume; obedeceron e puxéronos en liberdade. \v 11 Pero despois arrepentíronse e volveron tomar os servos e as servas a quen deixaran en liberdade, e reducíronos a servidume como servos e como servas.

1
34/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón veu a palabra de Iahveh a Xeremías, dicindo: \v 13 Así di Iahveh, Deus de Israel: -Eu fixen un pacto cos vosos pais o día que os saquei da terra de Exipto, da casa de servidume, dicindo: \v 14 Ao cabo de sete anos cada un de vós poñerá en liberdade o irmán hebreo que se lle vendeu e que lle serviu por seis anos, e deixarao ir libre; pero os vosos pais non me escoitaron, nin inclinaron o seu ouvido.

1
34/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Aínda que recientemente vos arrepentistes e fixestes o que é recto aos meus ollos, proclamando cada un liberdade para o seu próximo, facendo un pacto diante de min na casa que é chamada polo meu nome, \v 16 agora volvéstesvos atrás e profanastes o meu nome, e tomastes de novo cada un o seu servo e cada un a súa serva, a quen deixastes libres segundo o seu desexo, e reducístelos a servidume como servos e como servas.

1
34/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Por tanto, así di Iahveh: -Vós non me obedecestes proclamando liberdade cada un para seu irmán e cada un para seu próximo. Velaí, proclamo contra vós liberdade á espada, á pestilencia e á fame; e farei de vós motivo de afrenta para todos os reinos da terra, di Iahveh. \v 18 E entregarei aos homes que transgrediron o meu pacto, que non cumpriron as palabras do pacto que fixeron diante de min, cando cortaron en dous o becerro e pasaron entre os anacos, \v 19 aos oficiais de Xudá, aos oficiais de Xerusalém, aos oficiais do tribunal, aos sacerdotes e a todo o pobo da terra que pasaron polo medio dos anacos do becerro;

1
34/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 e entregareinos nas mans dos seus inimigos e nas mans dos que buscan a súa vida. Os seus cadáveres servirán de comida para as aves do ceo e para as bestas da terra. \v 21 E a Sedequías, rei de Xudá, e aos seus oficiais entregareinos nas mans dos seus inimigos, nas mans dos que buscan a súa vida e nas mans do exército do rei de Babilonia, que se retirou de vós. \v 22 Velaí, darei ordes - di Iahveh - e fareinos volver a esta cidade, e pelexarán contra ela, tomarana e prenderanlle lume; e farei que todas as cidades de Xudá queden desoladas e sen habitantes.

1
35/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 35 \v 1 Palabra que veu a Xeremías de parte de Iahveh nos días de Ioacim, fillo de Iosías, rei de Xudá, dicindo: \v 2 Vai á casa dos recabitas, fala con eles, lévaos á casa de Iahveh, a unha das cámaras, e dálles a beber viño.

1
35/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Entón tomei a Xaazanías, fillo de Xeremías, fillo de Habasinías, e a seus irmáns, a tódolos seus fillos e a toda a casa dos recabitas, \v 4 e leveinos á casa de Iahveh, á habitación dos fillos de Hanán, fillo de Idalías, home de Deus, que estaba preto da habitación dos oficiais, que estaba enriba da habitación de Maasías, fillo de Salum, garda da porta de entrada.

1
35/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 Entón puxen diante dos homes da casa dos recabitas xerras cheas de viño e cuncas, e díxenlles: -Bebede viño. \v 6 Mais eles dixeron: -Non beberemos viño, porque Ionadab, fillo de Recab, o noso pai, ordenounos, dicindo: non beberedes viño xamais, nin vós nin os vosos fillos. \v 7 Non edificaredes casa, nin sementaredes semente, nin plantaredes viña, nin posuiredes ningunha, senón que habitaredes en tendas todos os vosos días, para que vivades moitos días na terra onde sodes peregrinos.

1
35/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E nós obedecemos a voz de Ionadab, fillo de Recab, o noso pai, en todo o que el nos mandou de non beber viño en todos os nosos días, nin nós, nin as nosas mulleres, nin os nosos fillos, nin as nosas fillas, \v 9 e de non edificar casa onde morar, e de non ter viña, nin campo, nin sementeira. \v 10 Vivimos só en tendas, e obedecemos e estamos a facer todo conforme o que nos mandou o noso pai Ionadab. \v 11 Pero aconteceu que cando Nabucodonosor, rei de Babilonia, subiu contra a terra, dixemos: vinde e fuxamos a Xerusalém diante do exército dos caldeos e diante do exército de Aram. Por iso vivimos en Xerusalém.

1
35/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón veu a palabra de Iahveh a Xeremías, dicindo: \v 13 Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: -Vai e di aos homes de Xudá e aos habitantes de Xerusalém: non aprenderedes a escoitar as miñas palabras? Di Iahveh. \v 14 As palabras de Ionadab, fillo de Recab, que mandou aos seus fillos de non beber viño, son gardadas. Por iso non beben viño ata hoxe, porque obedeceron o mandamento de seu pai. Pero Eu faleivos repetidamente, e con todo non me escoitastes.

1
35/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Tamén vos mandei a tódolos meus servos os profetas, madrugando e decontino, para dicirvos: volvede agora cada un do voso mal camiño, emendade as vosas obras e non vaiades tras doutros deuses para adoralos, e habitaredes na terra que vos dei, a vós e aos vosos pais. Mais non inclinastes o voso ouvido, nin me obedecestes. \v 16 Certamente os fillos de Ionadab, fillo de Recab, gardaron o mandamento que o seu pai lles ordenou, pero este pobo non me obedece a min.

1
35/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Por tanto así di Iahveh, Deus dos exércitos, o Deus de Israel: "Velaí, traio sobre Xudá e sobre todos os habitantes de Xerusalém toda a calamidade que pronunciei contra eles, porque lles falei, pero non escoitaron, chameinos, pero non responderon.

1
35/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Entón Xeremías dixo á casa dos recabitas: -Así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: porque obedecestes o mandato do voso pai Ionadab, gardando todos os seus mandatos e facendo conforme todo o que el vos ordenou, \v 19 por tanto, así di Iahveh dos exércitos, o Deus de Israel: "A Ionadab, fillo de Recab, non lle faltará home que estea diante de min todos os días."

1
35/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 35

1
36/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 36