gl_jdg_text_ulb/01/27.txt

1 line
417 B
Plaintext

\v 27 Pero Manasés non expulsou os que vivían en Bet-seán e as súas aldeas, nin os que vivían en Taanac e as súas aldeas, nin os que vivían en Dor e as súas aldeas, nin os que vivían en Ibleam e as súas aldeas, nin os que vivían en Meguido e as súas aldeas; e o cananita continuou a vivir naquela terra. \v 28 Mais cando Israel se sentiu forte, fixo que o cananita fose tributario, pero non o botou fóra.