1 line
559 B
Plaintext
1 line
559 B
Plaintext
\v 14 Procurade a paz con todos, e maila santidade, porque sen ela ninguén verá o Señor; \v 15 tende moito coidado de que ningún sexa privado da graza de Deus, non sexa que xurdindo algunha raíz de amargura, vos chegue a perturbar e por ela moitos sexan contaxiados; \v 16 que non se atope ningún fornicario ou profano como Esaú, que por un xantar vendeu a súa primoxenitura. \v 17 Porque sabedes que aínda que despois por máis que quixo herdar a bendición, foi rexeitado (porque non atopou xeito de arrepentirse) aínda que a procurou con bágoas. |