gl_gen_text_reg/38/12.txt

1 line
553 B
Plaintext

\v 12 Despois de moito tempo, a filla de Súa, esposa de Xudá, morreu. Entón Xudá foi consolado e subiu onde os tosquiadores das súas ouvellas en Timnat, el e mailo seu amigo Hira o adulamita. \v 13 E foille dado aviso a Tamar, dicíndolle: "Mira, o teu sogro está subindo cara Timnat para tosquiar as súas ouvellas." \v 14 Entón Tamar, vendo que Sela xa medrara, pero que ela non fóra entregada a el como esposa, quitouse as súas roupas de viúva e cubriuse o cabelo e, disfrazada, sentouse á porta de Enaim, que está no camiño cara Timnat.