gl_gen_text_reg/08/20.txt

1 line
513 B
Plaintext

\v 20 E edificou Noé un altar a Iahveh, e tomou de todo animal limpo e de toda ave limpa, e ofreceu holocaustos no altar. \v 21 E Iahveh percibiu o recendo agradable, e dixo Iahveh para si: "Nunca máis volverei maldicir a terra por causa do home, porque a intención do corazón do home é mala dende a súa xuventude; nunca máis volverei destruír todo ser vivente como fixen. \v 22 Mentres a terra permaneza, a sementeira e a sega, o frío e a calor, o verán e o inverno, o día e a noite, nunca cesarán".