Sat Dec 02 2023 12:04:48 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2023-12-02 12:04:48 +01:00
commit 3632672625
58 changed files with 59 additions and 1 deletions

1
38/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 38 \v 1 Sucedeu naquel tempo que Xudá deixou aos seus irmáns e quedouse cun adulamita chamado Hira. \v 2 E viu alí Xudá á filla dun home cananeo, chamado Súa, e casou con ela, e durmiu con ela.

1
38/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E ela quedou embarazada e tivo un fillo que foi chamado Er. \v 4 Quedou embarazada outra vez e tivo un fillo ao que chamou Onán. \v 5 E de novo volveu dar a luz un fillo e chamouno Sela. Estaba en Quezib cando o deu a luz.

1
38/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Entón Xudá atopou unha esposa para Er, o seu primoxénito. O nome dela era Tamar. \v 7 Pero Er, o primoxénito de Xudá, era malo aos ollos de IHVH, e IHVH fíxoo morrer.

1
38/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E Xudá díxolle a Onán: "Durme coa muller do teu irmán. Cumpre o deber dun cuñado con ela e cría un fillo para teu irmán." \v 9 Pero Onán sabía que o fillo non sería del, polo que cando durmía coa esposa do seu irmán vertía o seme no chan, coa fin de non ter un fillo para o seu irmán. \v 10 E isto que facía foi malo aos ollos de IHVH, e tamén a el fíxoo morrer.

1
38/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 Entón Xudá díxolle a Tamar, a súa nora: "Quédate viúva na casa do teu pai ata que o meu fillo Sela medre." Porque temía: "el tamén podería morrer, igual que os seus irmáns." Así que Tamar foise e viviu na casa do seu pai.

1
38/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Despois de moito tempo, a filla de Súa, esposa de Xudá, morreu. Entón Xudá foi consolado e subiu onde os tosquiadores das súas ouvellas en Timnat, el e mailo seu amigo Hira o adulamita. \v 13 E foille dado aviso a Tamar, dicíndolle: "Mira, o teu sogro está subindo cara Timnat para tosquiar as súas ouvellas." \v 14 Entón Tamar, vendo que Sela xa medrara, pero que ela non fóra entregada a el como esposa, quitouse as súas roupas de viúva e cubriuse o cabelo e, disfrazada, sentouse á porta de Enaim, que está no camiño cara Timnat.

1
38/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Cando a viu Xudá, pensou que era unha prostituta porque levaba a cara cuberta. \v 16 El desviouse do camiño onda ela, e díxolle: "Ven, por favor, déixame durmir contigo", pois non sabía que era a súa nora, e ela díxolle: "¿Que me darás para poder durmir comigo?"

1
38/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 El dixo: "Eu mesmo enviareiche un cabrito do rabaño." E ela dixo: "¿Darasme unha prenda ata que mo envíes?" \v 18 El dixo: "¿Que prenda eiche dar?" Ela respondeu: "O teu selo, o teu cordón e o bastón que está na túa man". Entón el deullos e durmiu con ela, e ela quedou embarazada del.

1
38/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Despois ela levantouse e marchou. Quitouse o seu veo e púsoxe a roupa da súa viúvez. \v 20 E Xudá enviou o cabrito por medio do seu amigo o adulamita, para recibir a prenda de man da muller, pero non a atopou.

1
38/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 Entón o adulamita preguntoulles aos homes do lugar: "¿Onde está a prostituta de culto que estivo polo camiño de Enaim?" Eles dixeron: "Non houbo ningunha prostituta de culto por aquí." \v 22 Deseguido regresou a Xudá, e díxolle: "Non a atopei. Ademáis, os homes do lugar tamén dixeron: Aquí non estivo ningunha prostituta de culto." \v 23 E Xudá díxolle: "Deixa que se quede coas cousas, para que non sexamos avergoñados. Enviar envieille o cabrito, mais ti non a atopaches."

1
38/24.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 24 Ao cabo duns tres meses avisaron a Xudá dicíndolles: "Tamar a túa nora cometeu prostitución e incluso está embarazada." Entón dixo Xudá: "Que a traian aquí e a queimen." \v 25 Pero cando a levaron fóra, ela envioulle unha mensaxe ao seu sogro: "Do home ao que pertencen estas cousas estou eu embarazada." E dixo: "Recoñecede, por favor, de quen son este selo, o cordón e o bastón." Entón \v 26 Xudá recoñeceunos e dixo: "Ela é máis xusta ca min, porque eu non a din como esposa ao meu fillo Sela." Pero nunca máis volveu durmir con ela.

1
38/27.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 27 Sucedeu que no tempo de dar a luz, velaí que había xemelgos no seu ventre. \v 28 E ocorreu que, cando estaba dando a luz, un deles sacou unha man, e a parteira tomou un fío de escarlata e amarroullo na man, dicindo: "Este saiu primeiro."

1
38/29.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 29 Pero entón este retirou a man e velaí que foi o seu irmán o que saiu primeiro. E a parteira exclamou: "¡Como te abriches camiño!" Por esta razón chamárono Fares. \v 30 Despois saiu o seu irmán, o que tiña o fío de escarlata na man, e chamárono Zara.

1
38/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 38

1
39/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 39 \v 1 A Xosé, entón, levárono a Exipto, e Potifar, que era capitán da garda e varón exipcio, mercoullo aos ismaelitas que o levaran ata alí. \v 2 E IHVH estaba con Xosé, e chegou a ser un home próspero e vivía na casa do seu amo exipcio.

1
39/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E o seu amo observou que IHVH estaba con el e que IVHV prosperaba todo o que el facía. \v 4 Así Xosé foi ben visto por Potifar e servíalle. E Potifar fixo a Xosé o encargado da súa casa, e todo o que tiña púxoo baixo o seu coidado.

1
39/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 E sucedeu que, dende que o fixo encargado de toda a súa casa e de todo o que posuía, IHVH bendeciu a casa do exipcio por causa de Xosé. A bendición de IHVH estaba sobre todo o que Potifar tiña, tanto na casa coma no campo. \v 6 Potifar puxo todo o que tiña baixo o coidado de Xosé, e con el alí non tiña que pensar noutra cousa que non fose o pan que comía. Ademáis, Xosé era aposto e atractivo.

1
39/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Sucedeu despois disto que a esposa do seu amo sentiu luxuria por Xosé, e díxolle: "durme comigo". \v 8 Pero el refusou, e díxolle á esposa do seu amo: "mira, o meu amo non lle presta atención ao que eu fago na casa, e puxo todo o que lle pertence baixo o meu coidado. \v 9 Ninguén é mais grande ca min nesta casa. El non me priva de cousa algunha agás de ti, porque ti es a súa esposa. ¿Como entón podo eu facer un mal tan grande e pecar contra IHVH?"

1
39/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 E aínda que ela insistíalle a Xosé día tras día, este refusaba durmir con ela e estar con ela. \v 11 Pero sucedeu que un día que Xosé fora á casa para facer o seu traballo, e que non se atopaba alí ninguén da casa, \v 12 ela agarrouno pola roupa e díxolle: "¡Durme comigo!", mais el, diexando as súas roupas na man dela, fuxíu e saiu fóra.

1
39/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Cando ela viu que el deixara a roupa na súa man e que fuxira fóra, \v 14 chamou aos homes da casa e díxolles: " Mirade, Potifar tróuxonos a un hebreo para mofarse de nós. Viu para durmir comigo, pero eu berrei, \v 15 e cando me escoitou berrar, deixou a súa roupa, fuxiu e saiu fóra."

1
39/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 Entón ela retivo a súa roupa ata que o seu señor chegou á casa, \v 17 e deulle esta explicación: "O servo hebreo que ti nos trouxeches, viu a burlarse de min, \v 18 e sucedeu que cando eu berrei, el deixou a súa roupa comigo e fuxiu fóra."

1
39/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Sucedeu que, cando o seu señor oiu a explicación que a súa esposa lle contou, dicindo: "Isto é o que o teu servo me fixo", el enfadouse moito. \v 20 Entón tomou a Xosé e meteuno no cárcere no que estaban confinados os prisioneiros do rey. Así foi Xosé parar á cadea.

1
39/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 Máis IHVH estaba con Xosé, e mostrou con el un pacto de fidelidade e concedeulle favor ante os ollos do garda do cárcere. \v 22 E o garda puxo nas mans de Xosé a todos os presos que estaban na prisión. Así, Xosé estaba ao cargo de calquera cousa que alí se facía. \v 23 O garda do cárcere non se preocupaba por nada que estivese na man de Xosé, porque IHVH estaba con el, e todo o que el facía, IHVH o prosperaba.

1
39/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 39

1
40/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 40 \v 1 Sucedeu que despois destas cousas, o copeiro e o panadeiro do rei de Exipto delinquiron contra o seu señor, o rei de Exipto. \v 2 Faraón estaba anoxado cos seus dous oficiais, o xefe dos copeiros e o xefe dos panadeiros, \v 3 e púxoos baixo custodia na casa do capitán da garda, na mesma prisión onde Xosé estaba confinado.

1
40/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 E o capitán da garda encargoullos a Xosé, e el servíalles, e estiveron baixo custodia por algún tempo. \v 5 E ámbolos dous, o copeiro e o panadeiro do rei de Exipto, que estaban arrestados na prisión, tiveron un soño, cada un tivo o seu propio soño nunha mesma noite, cada soño coa sua propia interpretación.

1
40/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 Xosé foi onda eles pola mañá e decatouse de que estaban tristes. \v 7 E preguntoulles a estes dous oficiais que estaban con el baixo custodia na casa do seu señor: "¿Por que tedes tan mala cara?" \v 8 Eles dixéronlle: "Soñamos un soño e non hai quen o interprete". E díxolles Xosé: "¿Acaso non son de Deus as interpretacións? Contádemo agora.

1
40/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Entón o xefe dos copeiros contoulle o seu soño a Xosé, e díxolle: "No meu soño había unha videira fronte a min, \v 10 e na videira tres pólas e, como brotando, a videira botaba flor e os seus acios de uvas maduraban. \v 11 E a copa de Faraón estaba na miña man e eu collín as uvas e as espremía na copa de Faraón, e puxen a copa na man de Faraón".

1
40/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 E díxolle Xosé: "Este é o seu significado. As tres pólas son tres días. \v 13 Dentro de tres días levantará Faraón a túa cabeza, e restaurarache a túa posición e daraslle a copa de Faraón na súa man, como acostumabas cando eras o seu copeiro.

1
40/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Pois agora lémbrate de min cando che vaia ben. Por favor, ten comigo graza, e lémbrame ante Faraón e faime saír desta casa. \v 15 Pois eu fun arrebatado da terra dos hebreos, e tampouco aquí fixen nada para que me abandonen no cárcere.

1
40/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 Vendo o xefe dos panadeiros que a interpratación fora favorable, díxolle a Xosé: "Tamén eu soñei que tiña tres cestas de pan na miña cabeza. \v 17 Na cesta de arriba había toda clase de manxares de pastelaría para Faraón, e os paxaros comían da cesta sobre a miña cabeza."

1
40/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Xosé respondeu e dixo: "Este é o seu significado: as tres cestas tres días son. \v 19 Dentro de tres días quitarache Faraón a túa cabeza e colgarache dunha árbore, e comerán os paxaros a túa carne."

1
40/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 Ao cabo de tres días foi o aniversario de Faraón, quen fixo un banquete para todos os seus servos, e levantou a cabeza do xefe dos copeiros o do xefe dos panadeiros na presenza dos seus servos. \v 21 E devolveulle a súa posición ao xefe dos copeiros, e este deu a copa na man de Faraón. \v 22 Pero aforcou ao xefe dos panadeiros, conforme lles interpretara Xosé. \v 23 E o xefe dos copeiros no se lembrou de Xosé, senón que esqueceuse del.

1
40/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 40

1
41/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 41 \v 1 Pasados dous anos completos, Faraón soñou que estaba de pé xunto ao río Nilo. \v 2 E velaí do río subían sete vacas gordas e de aspecto fermoso, e pastaban na xunqueira. \v 3 Pero tras elas subían do río outras sete vacas, de fea aspecto e fracas, e detivéronse ao carón das outras vacas á ribeira do río.

1
41/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Entón as vacas feas e fracas devoraron ás vacas gordas e fermosas. E espertou Faraón. \v 5 Volveu durmir e tivo un segundo soño: velaí que sete espigas medraban, boas e gordas, a partir dunha mesma cana, \v 6 e despois brotaban outras sete espigas, fracas e resecas polo vento do leste.

1
41/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 E as sete espigas fracas devoraban ás espigas gordas e cheas. Entón espertou Faraón, e velaí que fora un soño. \v 8 Sucedeu que pola mañá o seu espíritu estaba inquieto, e enviou e fixo chamar a tódolos magos de Exipto e a todos os seus sabios. Faraón explicoulles o seu soño, pero non había quen os puidese interpretar para Faraón.

1
41/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Entón falou o xefe dos copeiros con Faraón, dicindo: "Lémbrome hoxe das miñas faltas, \v 10 cando Faraón anoxouse cós seus servos e púxome en custodia na casa do capitán da garda, a min e ao xefe dos panadeiros. \v 11 E unha noite os dous tivemos un soño, cada un co seu propio significado.

1
41/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 E estaba alí con nós un xoven hebreo, servo do xefe da garda. Explicámoslle a el os nosos soños, e interpretounos a cada un o seu soño. \v 13 E conforme el nos interpretou, así sucedeu: eu fun restaurado no meu posto, e o outro foi aforcado."

1
41/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Entón Faraón enviou e chamou a Xosé, e sacárono rápidamente do cárcere. El barbeouse e mudou as súas roupas, e foi onda Faraón. \v 15 E díxolle Faraón a Xosé: "Soñei un soño, pero non hai quen o interprete. Pero oín dicir de ti que escoitas soños e os intrepretas." \v 16 Xosé respondeu a Faraón dicindo: "Non está en min. Deus será o que dará resposta propicia a Faraón."

1
41/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 \v 18 E díxolle Faraón a Xosé: "No meu soño eu estaba de pé xunto ao río Nilo, e do río subían sete vacas gordas e de aspecto fermoso, e pastaban na xunqueira.

1
41/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 . Pero tras elas subían do río outras sete vacas, fracas, de feo aspecto e moi delgadas. Tanto que non teño visto outras tan feas en toda a terra de Exipto. \v 20 Entón as vacas feas e fracas devoraron ás sete primeiras vacas gordas e fermosas. \v 21 E as primeiras vacas foron ao interior das segundas, pero non o parecía, porque o aspecto destas seguía sendo tan feo como ao principio. Entón espertei.

1
41/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 E vin tamén no meu soño que, \v 23 velaí sete espigas medraban, boas e gordas, a partir dunha mesma cana, e tras delas brotaban outras sete espigas, fracas e resecas polo vento do leste. \v 24 E as sete espigas delgadas devoraban ás sete espigas boas. Conteille estes soños aos magos, pero non hai quen me dé unha explicación.

1
41/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 E díxolle Xosé a faraón: "Ambos soños de Faraón son un mesmo. Deus revelou a Faraón o que vai facer. \v 26 As sete vacas boas son sete anos, e as sete espigas boas son sete anos, é un mesmo soño.

1
41/27.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 27 Tamén as sete vacas fracas e feas que subían tras delas son sete anos. As espigas delgadas e resecas polo vento do leste serán sete anos de fame. \v 28 Isto é o que lle dixen a Faraón, o que Deus mostrou a Faraón: \v 29 veñen sete anos de gran abundancia en toda a terra de Exipto.

1
41/30.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 30 E tras deles veñen outros sete anos de fame, nos que olvidarase toda a abundancia na terra de Exipto. \v 31 Será tan grave esta fame que xa non se lembrará a abundancia pasada. \v 32 Respecto a que o soño se repetise a Faraón dúas veces, isto débese a que trátase dunha decisión firme por parte de Deus, e pronto Deus a levará a cabo.

1
41/33.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 33 Agora busque Faraón a un home prudente e sabio, e póñao sobre a terra de Exipto. \v 34 Que Faraón faga isto e nomee gobernadores sobre a terra, e que tomen unha quinta parte das colleitas de Exipto durante os sete anos de abundacia.

1
41/35.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 35 E xuntarán todo alimento destes bos anos que van vir, e almacenarán o gran baixo a man de Faraón para alimento das cidades, e o preservarán. \v 36 Este alimento será unha reserva para os sete anos de fame que haberá na terra de Exipto. Deste xeito a terra non perecerá de fame."

1
41/37.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 37 E pareceu ben este consello ante os ollos de Faraón, e ante os ollos de todos os seus servos. \v 38 E díxolle Faraón aos seus serventes: "¿Acaso atoparemos outro home coma este, no que esté o Espíritu de Deus?"

1
41/39.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 39 E díxolle Faraón a Xosé: xa que Deus mostrouche a ti todo isto, non hai prundente e sabio coma ti. \v 40 Ti estarás sobre a miña casa e acordo ás túas ordes someterase todo o meu pobo. Soamente no trono serei eu maior ca ti." \v 41 Dixo ademáis Faraón a Xosé: "Mira, eu póñoche a ti sobre toda a terra de Exipto."

1
41/42.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 42 Entón Faraón colleu o anel de selo da súa man e colocouno na man de Xosé, e vestiuno con roupas de liño, e puxo unha cadea de ouro no seu pescozo, \v 43 e fíxo subir a Xosé ao seu segundo carro, e proclamaban diante del: "¡Paso!" E Faraón puxo a Xosé sobre toda a terra de Exipto.

1
41/44.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 44 Faraón díxolle a Xosé: "Eu son Faraón; e sen ti ninguén alzará a súa man ou o seu pé en toda a terra de Exipto." \v 45 E Faraón chamou o nome de Xosé "Zafnat-Panea"; e deulle por muller a Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On. E Xosé saiu por toda a terra de Exipto.

1
41/46.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 46 Xosé tiña 30 anos cando foi presentado diante de Faraón, rei de Exipto; e saiu Xosé de diante de Faráon e viaxou por toda a terra de Exipto. \v 47 Nos sete anos de abundancia a terra produciu a esgalla.

1
41/48.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 48 Recolleu todo o alimento dos sete anos de abundancia que houbo na terra de Exipto e gardou a comida nas cidades, poñendo en cada cidade o alimento dos campos de arredor. \v 49 E almacenou Xosé trigo como a area do mar, até non podelo contar, porque non tiña número.

1
41/50.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 50 A Xosé nacéronlle dous fillos antes de que viñesen os anos de fame, que deu a luz para el Asenat, a filla de Potifera, sacerdorte de On. \v 51 E Xosé chamou o nome do primoxénito Manasés; pois dixo: "Deus fíxome esquecer toda a miña turbación e toda familia de casa de meu pai." \v 52 E chamou o

1
41/title.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
Capítulo 41

1
50/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 Xosé viviu en Exipto, xunto coa familia do seu pai. El viviu cento dez anos. \v 23 Xosé viu os fillos de Efraín até a terceira xeración. El tamén viu os fillos de Maquir, fillo de Manasés, quenes foron postos nos xeonllos de Xosé.

View File

@ -35,7 +35,8 @@
"translators": [
"Ana Iglesias Duran",
"AnaIglesias",
"Monica"
"Monica",
"PabloPrego"
],
"finished_chunks": [
"front-title",