gl_ezk_text_reg/46/03.txt

1 line
409 B
Plaintext

\v 3 Entón o pobo da terra postrarase diante de Iahveh na entrada desta porta, nos días de repouso e nas lúas novas. \v 4 O holocausto que o príncipe ofrecerá a Iahveh no día de repouso será de seis años sen defecto e un carneiro sen tacha. \v 5 E por ofrenda vexetal un efa de flor de fariña para o carneiro, e con cada cordeiro unha ofrenda conforme as súas capacidades, e un hin de aceite co efa.