gl_ezk_text_reg/16/17.txt

1 line
450 B
Plaintext

\v 17 E tomaches as túas alfaias de ouro e de prata que Eu che dera, e fixeches para ti estatuas de homes e fornicaches con elas; \v 18 e tomaches as túas roupas de moitas cores para cubrir as imaxes, e puxeches o meu aceite e o meu incenso díante delas. \v 19 Tamén o meu pan que che dei, a flor da fariña, o aceite e o mel cos que te sustentei, puxéchelos díante delas como recendo agradable. Si, iso foi o que aconteceu, di Iahveh o Señor.