gl_ezk_text_reg/06/13.txt

1 line
477 B
Plaintext

\v 13 E saberedes que Eu son Iahveh, cando os seus mortos queden tendidos díante dos seus ídolos, arredor dos seus altares, e sobre todo outeiro alto, e en tódolos cumios dos montes, e debaixo de toda árbore frondosa e debaixo de toda aciñeira espesa, lugares onde ofreceron incenso a tódolos seus ídolos. \v 14 E estenderei a miña man contra eles, e farei a terra máis deserta e desolada que o deserto ata Diblat, onde sexa que vivan; e coñecerán que Eu son Iahveh.