\v 14 Mediu tamén as pilastras: sesenta cóbados, chegando ata as pilastras do atrio que estaba arredor do portal. \v 15 E dende a fachada da porta da entrada ata a fachada do pórtico da porta interior, había cincuenta cóbados. \v 16 Había fiestras anchas por dentro e estreitas por fóra, que daban cara as cámaras no interior e arredor da porta. Do mesmo xeito, o seu vestíbulo tiña fiestras arredor e cara o interior, e en cada piar tiña palmeiras esculpidas.