Tue Nov 19 2024 15:10:45 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-19 15:10:45 +01:00
parent 035afbbb86
commit db82a5077e
18 changed files with 18 additions and 0 deletions

1
38/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 Prepárate e observa, sé ti o seu caudillo! Ti e toda a túa multitude que se reuniu onda ti. \v 8 De aquí a moitos días recibirás unha orde. Nos derradeiros anos virás á terra rescatada da espada, contra unha xente reunida de entre os moitos países nos montes de Israel, que foron unha continua desolación, pero foi sacada dentre as nacións e viven todos confiados. \v 9 Mais ti haste erguer coma unha treboada, avanzarás coma as nubes que cubren a terra, ti e tódalas túas tropas e moitos pobos contigo.

1
38/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 Así di Iahveh o Señor: Naquel día subirán palabras ao teu corazón, e concebirás malos pensamentos, \v 11 E dirás: Subirei a unha terra deserta; irei contra os pobos tranquilos que viven seguros, todos eles viven sen muros, e non teñen as portas fechadas. \v 12 Iso acontecerá para saquear os despoxos e levar o botín, para poñer a túa man sobre as terras desertas xa poboadas, e contra o pobo reunido de entre as nacións, que ten animais e posesións, e vive na parte principal da terra.

1
38/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Sabá e Dedan, e os comerciantes de Tarsis e tódolos seus príncipes, diranche: Viñeches para saquear os despoxos? Reclutaches o teu exército para tomar o botín, para sacar prata e ouro, para roubar gando e posesións, para levar un grande saqueo?

1
38/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 Por tanto, profetiza, fillo de home, e di a Gog: Así di Iahveh o Señor: No día cando o meu pobo Israel viva en seguridade, non o saberás? \v 15 Entón virás do teu lugar, das rexións do norte, ti e moitos pobos contigo, todos eles a cabalo, unha gran multitude e un exército poderoso. \v 16 E subirás contra o meu pobo Israel coma unha nube que cubre a terra. Isto acontecerá nos últimos días; e Eu traereite sobre a miña terra para que as nacións me coñezan, cando Eu sexa santificado en ti, oi Gog, diante dos seus ollos.

1
38/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 Así di Iahveh o Señor: Non es ti aquel de quen falei nos tempos pasados por medio dos meus servos os profetas de Israel, que profetizaron que Eu te ía traer sobre eles? \v 18 Naquel día, cando Gog veña sobre a terra de Israel - di Iahveh o Señor - subirá a miña ira e o meu furor.

1
38/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Pois falei no meu celo e no lume da miña ira, que naquel día haberá un gran tremor sobre a terra de Israel; \v 20 e os peixes do mar, as aves do ceo, as bestas do campo, todo réptil que se arrastra sobre o chan, e tódalas persoas que están sobre a superficie da terra, tremerán diante de min; e os montes derrubaranse, e caerán os terreos escarpados, e todo muro virá ao chan.

1
38/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 E chamarei contra el á espada en todos os meus montes - di Iahveh o Señor - a espada de cada un estará contra seu irmán. \v 22 E Eu xulgarei contra el coa peste e co sangue; e farei chover sobre el, e sobre as súas tropas e sobre os moitos pobos que están con el, chuvia incontrolable, e pedrazo, lume e xofre. \v 23 E serei engrandecido e santificado, e serei coñecido ante os ollos de moitas nacións; e saberán que Eu son Iahveh.

1
39/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 39 \v 1 Por tanto ti, fillo de home, profetiza contra Gog, e di: así di Iahveh o Señor: Velaí, Eu estou contra ti, Gog, príncipe soberano de Mesec e Tubal. \v 2 Heite rodear, e conducireite, e fareite subir da parte do norte, e traereite sobre os montes de Israel; \v 3 E sacarei o teu arco da túa man esquerda, e farei que caian as túas frechas da túa man dereita.

1
39/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Sobre os montes de Israel caerás ti e tódalas túas tropas e os pobos que están contigo. Dareite por alimento a toda clase de ave rapaz e ás feras do campo. \v 5 Sobre o chan do campo caerás; porque Eu o anunciei, di Iahveh o Señor. \v 6 E mandarei lume sobre Magog e sobre os que viven seguros nas costas; e coñecerán que Eu son Iahveh.

1
39/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 E farei coñecer o meu nome santo no medio do meu pobo Israel; e nunca máis deixarei que sexa profanado o meu nome santo; e as nacións saberán que Eu son Iahveh, o Santo de Israel. \v 8 Velaí que vén e hase cumplir, di Iahveh o Señor! Este é o día do que Eu falei!

1
39/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 Entón os habitantes das cidades de Israel sairán, e prenderán lume e queimarán armas, escudos, paveses, arcos e frechas, mazas e lanzas; e queimaranos con lume por sete anos. \v 10 Non traerán madeira do campo nin cortarán dos bosques, senón que queimarán coas armas no lume, e despoxarán aos saqueadores e saquearán aos que lles roubaron, di Iahveh o Señor.

1
39/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 E acontecerá naquel día que lle hei dar a Gog un lugar para sepultura alí en Israel, o val dos que pasan cara o oriente do mar; e estará pechado o camiño para os que pasan; e alí sepultarán a Gog e a toda a súa multitude; e chamarano val de Hamón- Gog.

1
39/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 E a casa de Israel sepultaraos por sete meses para limpar a terra. \v 13 Todo o pobo da terra sepultaraos, e isto será para eles un día celebre no día en que Eu sexa glorificado, di Iahveh o Señor.

1
39/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 E tomarán homes por xornada para que percorran o país cos que viaxan para sepultar aos que queden sobre a superficie da terra, a fin de limpala. Ao cabo de sete meses farán o recoñecemento. \v 15 E ao pasaren polo país, o que vexa os ósos dun home, porá un sinal xunto a el, ata que os sepultureiros o sepulten no val de Hamón- Gog. \v 16 E o nome da cidade será Hamona; e así purificarán a terra.

1
39/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 E ti, fillo de home, así di Iahveh o Señor: "Di ás aves de toda clase e a tódalas bestas do campo: Xuntádevos e vinde! Xuntádevos de todas partes para a miña festa que estou a preparar para vós! Un gran sacrificio sobre os montes de Israel, para que comades carne e bebades sangue! \v 18 Comeredes a carne dos poderosos, e beberedes o sangue dos príncipes da terra: dos carneiros, dos años, de castróns, dos bois e dos touros, todos eles engordados en Basán.

1
39/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 Comeredes graxa ata fartarvos, e beberedes ata embebedarvos co sangue das víctimas que sacrifiquei para vós. \v 20 E fartarédesvos na miña mesa de cabalos e de xinetes poderosos, e de todos os homes de guerra, di Iahveh o Señor.

1
39/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 E porei a miña gloria entre as nacións; e tódalas nacións verán o meu xuízo que executei, e a miña man que puxen sobre eles. \v 22 E daquel día en diante a casa de Israel saberá que Eu son Iahveh o seu Deus.

1
39/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 E as nacións saberán que a casa de Israel foi exiliada por mor da súa transgresión, porque eles se rebelaron contra min, e Eu agochei a miña faciana deles e entregueinos na man dos seus inimigos, e todos caeron á espada. \v 24 Segundo a súa impureza e conforme as súas transgresións fixen con eles, e agochei o meu rostro deles.