Tue Nov 19 2024 15:22:45 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
792c55d083
commit
879e1db98d
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 13 Esta será a ofrenda que ofreceredes: a sexta parte dun efa por cada homer de trigo, e a sexta parte dun efa por cada homer de cebada. \v 14 A norma para o aceite será a seguinte: ofreceredes un bat de aceite, é dicir, a décima parte dun coro; dez bats farán un homer, porque dez bats son un homer. \v 15 E unha ovella do rabaño de douscentas das engordadas de Israel, para o sacrificio, para o holocausto e para as ofrendas de paz, para facer expiación por eles, di Iahveh o Señor.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 16 Todo o pobo da terra estará obrigado a dar esta ofrenda ao príncipe de Israel. \v 17 Pero o príncipe terá a responsabilidade de prover para o holocausto e o sacrificio e a libación nas festas solemnes, nas lúas novas, nos días de repouso e en tódalas festas da casa de Israel. El ha dispor a expiación, a ofrenda, o holocausto e as ofrendas de paz, para facer expiación pola casa de Israel.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 18 Así di Iahveh o Señor: No primeiro mes, no primeiro día do mes, tomarás un becerro sen defecto da vacada, e purificarás o santuario. \v 19 E o sacerdote tomará do sangue do sacrificio de expiación e porá sobre os postes da casa, e sobre os catro extremos do altar, e sobre os postes das portas do patio interior. \v 20 Así farás no sétimo día do mes por aqueles que pecaron por erro ou con engano, e farás expiación pola casa.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 21 No primeiro mes, no día catorce do mes, teredes a Pascua, festa de sete días; comerase pan sen lévedo. \v 22 Naquel día o príncipe sacrificará por si mesmo e por todo o pobo da terra, un becerro polo pecado.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 23 E durante os sete días da festa solemne, ofrecerá holocausto a Iahveh, sete becerros e sete años sen defecto, cada día dos sete días, e polo pecado un chibo cada día. \v 24 E ofrecerá ofrenda dun efa con cada becerro, e con cada carneiro un efa, e por cada efa un hin de aceite.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 25 No sétimo mes, o día quince do mes, na festa, fará como nestes sete días en canto á expiación; e no tocante ao holocausto, no tocante ao presente e no tocante ao aceite.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 46 \v 1 Así di Iahveh o Señor: A porta do atrio interior que mira cara o oriente estará pechada os seis días de traballo; pero abrirase no día de repouso; e tamén no día da lúa nova. \v 2 O príncipe entrará polo camiño do portal da porta exterior, e estará de pé xunto á entrada da porta, mentres os sacerdotes ofrecen o seu holocausto e as súas ofrendas de paz; e hase postrar xunto á entrada da porta; e despois sairá, pero a porta non será pechada ata a tarde.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 3 Entón o pobo da terra postrarase diante de Iahveh na entrada desta porta, nos días de repouso e nas lúas novas. \v 4 O holocausto que o príncipe ofrecerá a Iahveh no día de repouso será de seis años sen defecto e un carneiro sen tacha. \v 5 E por ofrenda vexetal un efa de flor de fariña para o carneiro, e con cada cordeiro unha ofrenda conforme as súas capacidades, e un hin de aceite co efa.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 6 Pero no día da lúa nova, un becerro sen defecto da vacada, seis años e un cordeiro, que han ser sen defecto. \v 7 Ofrecerá ofrenda vexetal dun efa de flor de fariña co becerro e un efa con cada carneiro, pero cos años, ofrendará segundo as súas capacidades; e un hin de aceite por cada efa. \v 8 E acontecerá que cando o príncipe entre, entrará polo camiño do portal da porta, e sairá polo mesmo camiño.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 9 Pero cando o pobo da terra entre diante da presenza de Iahveh nas festas, o que entre pola porta do norte sairá pola porta do sur; e o que entre pola porta do sur sairá pola porta do norte. Non volverá pola porta pola que entrou, senón que sairá pola de fronte dela. \v 10 E o príncipe entrará cando eles entren, e sairá cando eles saian.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 11 Tamén nas festas e nas reunións solemnes ofrecerá como ofrenda un efa con cada becerro, e un efa con cada carneiro, e polos años segundo as súas capacidades, e un hin de aceite con cada efa. \v 12 Pero cando o príncipe ofreza de xeito voluntario un holocausto ou ofrendas de paz a Iahveh, abriranlle a porta que mira cara o oriente, e ofrecerá o seu holocausto e as súas ofrendas de paz como fai no día de repouso; e despois sairá, e pecharán a porta despois de saír.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 13 E ofrecerás en sacrificio a Iahveh cada día un año dun ano sen defecto; ofreceralo cada mañá. \v 14 E con el ofrecerás cada mañá, ofrenda vexetal: a sexta parte dun efa de flor de fariña e a terceira parte dun hin de aceite, mesturado coa flor de fariña. É a ofrenda vexetal constante a Iahveh, por estatuto perpetuo. \v 15 Deste xeito presentarán o año e a ofrenda vexetal e o aceite cada mañán en holocausto constante.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 16 Así di Iahveh o Señor: Se o príncipe dá parte da súa herdanza aos seus fillos, será deles, pois a súa posesión será por herdanza. \v 17 Pero se dá parte da súa herdanza a algún dos seus servos, seguirá a ser del ata o ano do Xubileo, e volverá a ser do príncipe, porque a herdanza pertenece aos seus fillos. \v 18 O príncipe non tomará nada da herdanza do pobo, para non despoxalo da súa posesión; dará herdanza aos seus fillos da súa propiedade, para que ninguén do meu pobo sexa privado da súa posesión.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 19 Máis tarde levoume pola entrada que estaba cara a porta, aos apousentos santos dos sacerdotes que miraban cara o norte; e vin que había un lugar detrás deles do lado occidental. \v 20 E díxome: -Este é o lugar onde os sacerdotes cociñarán a ofrenda polo pecado e a expiación; alí tostarán a ofrenda vexetal, para que non a saquen ao atrio exterior e santifiquen así o pobo.
|
|
@ -0,0 +1,4 @@
|
|||
\v 21 Entón levoume ao patio exterior, e fíxome pasar polos catro cantos do atrio; e en cada extremo había un patio.
|
||||
\v 22 Nos catro cantos do atrio había pequenos patios, de corenta cóbados de lonxitude e trinta de ancho. Os catro tiñan unha mesma medida.
|
||||
\v 23 E había un muro arredor deles, arredor dos catro, e fornos debaixo das paredes arredor.
|
||||
\v 24 E díxome: -Estes son os fornos onde os servidores da casa cociñarán os sacrificios do pobo.
|
Loading…
Reference in New Issue