Tue Nov 19 2024 12:33:38 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
cd5631c16b
commit
5963c0ef44
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 12 E todo o seu corpo, as súas costas, as súas mans, as súas ás e as rodas estaban cheas de ollos arredor das súas catro rodas. \v 13 E escoitei que se lles berraba ás rodas: -Volvede! \v 14 Cada un deles tiña catro facianas: a primeira cara era rostro de querubín, a segunda, faciana de home, a terceira de león, e a cuarta de aguia.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 15 E ascenderon os querubíns. Este é o ser vivo que vin xunto ao río Quebar. \v 16 E cando os querubíns avanzaban, ían tamén as rodas xunto con eles; e cando os querubíns alzaban as súas ás para erguerse sobre a terra, as rodas tamén se afastaban deles. \v 17 Cando se detían, elas tamén se detían; e cando se alzaban eles, alzábanse canda eles, porque o espírito dos seres viventes estaba nelas.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 18 Entón a gloria do Iahveh ergueuse do trono da casa, e púxose sobre os querubíns. \v 19 E os querubíns saíron, despregaron as súas ás, e díante dos meus ollos; remontáronse da terra xunto coas rodas, e detivéronse na entrada da porta oriental da casa de Iahveh, e a gloria do Deus de Israel estaba sobre eles.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 20 Estes eran os mesmos seres viventes que vin debaixo do Deus de Israel xunto ao río Quebar, e souben que eran querubíns. \v 21 Cada un tiña catro caras e cada un tiña catro ás, e a aparencia de mans de home debaixo das súas ás. \v 22 E a semellanza das súas facianas era a semellanza dos rostros que vin xunto ao río Quebar; o seu parecer e o seu ser eran os mesmos; cada un ía cara adiante.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 11 \v 1 Arrebatoume o Espírito e levoume pola porta oriental da casa de Iahveh, que mira cara o levante; e alí, xunto á porta, atopábanse vinte e cinco homes, e vin entre eles a Iazanías, fillo de Azur, e a Pelatías, fillo de Benáía, príncipes do pobo.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 2 E dixome: -Fillo de home, estes son os que maquinan maldade e dan malos consellos nesta cidade; \v 3 os que din: non é tempo agora de construír casas; esta é a ola, e nós, a carne! \v 4 Polo tanto, profetiza contra eles; fillo de home.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 5 Entón veu sobre min o Espírito de Iahveh, e dixome: -Di: así di Iahveh: Casa de Israel, falades deste xeito pero Eu sei as cousas que tedes na vosa mente. \v 6 Multiplicastes os vosos asasinatos nesta cidade e enchestes as súas rúas cos mortos. \v 7 Por tanto, así di Iahveh o Señor: "Os mortos que puxestes no medio dela, eles son a carne e ela é a ola, e sacareivos do medio dela.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 8 Temedes á espada, e Eu traerei sobre vós a espada," di Iahveh o Señor. \v 9 Sacareivos do medio dela, e entregareivos en mans de estranxeiros, e farei xustiza entre vós. \v 10 A espada morreredes. Xulgareivos sobre o territorio de Israel, e saberedes que Eu son Iahveh.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 11 A cidade non será para vós unha ola, mais vós seredes a carne no medio dela; xulgareivos sobre o territorio de Israel. \v 12 E saberedes que Eu son Iahveh, porque non andastes nos meus estatutos nin gardastes os meus decretos, senón que fixestes conforme os costumes das nacións que vos rodean.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 13 E aconteceu que mentres eu profetizaba, morreu Pelatías, fillo de Benías. Entón caín sobre o meu rostro e clamei con voz forte, e dixen: -Ai Señor Iahveh! Vas destruír por completo o remanente de Israel?
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 14 Entón veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 15 Fillo de home, os teus irmáns, os teus parentes e todos os da túa parentela e toda a casa de Israel, todos eles son dos que os habitantes de Xerusalém dixeron: afastádevos de Iahveh! A terra foinos dada en posesión a nós!
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 16 Por tanto di: así di Iahveh o Señor: "Aínda que os botei lonxe entre os pobos e os dispersei polas terras, Eu serei para eles un pequeno santuario nas terras onde vaian. \v 17 Por tanto di: así di Iahveh o Señor: "Reunireivos de entre os pobos, e congregareivos das nacións nas que estades dispersos, e dareivos a terra de Israel. \v 18 E volverán alí, e quitarán dela todos os seus ídolos e tódalas súas abominacións.
|
Loading…
Reference in New Issue