1 line
575 B
Plaintext
1 line
575 B
Plaintext
\v 19 Pero eu sei que o rei de Exipto non vos deixará marchar, se non é pola forza. \v 20 Pero eu estenderei a miña man e ferirei Exipto con tódolos prodixios que farei no medio del, e despois disto, deixaravos ir. \v 21 E dareille a este pobo graza ante os ollos dos exipcios; e sucederá que cando vos marchedes, non vos iredes cas mans baleiras. \v 22 Senón que cada muller pedirá á súa veciña e á que vive na súa casa obxectos de prata, obxectos de ouro e vestidos; e poñerédelos sobre os vosos fillos e sobre as vosas fillas. Así despoxaredes aos exipcios. |