gl_exo_text_reg/05/19.txt

1 line
461 B
Plaintext

\v 19 Os xees dos fillos de Israel déronse de conta de que estaban en apuros, cando lles dixeron: Non debedes diminuír a vosa cantidade cotián de ladrillos. \v 20 Ao saíren da presenza de Faraón, topáronse con Moisés e Aarón, que os estaban a agardar. \v 21 E dixéronlles: Olle Iahveh sobre vós e xúlguevos, pois nos fixestes odiosos diante dos ollos de Faraón e diante dos ollos dos seus servos, poñéndolles unha espada na man para que nos maten.