gl_exo_text_reg/05/12.txt

1 line
418 B
Plaintext

\v 12 Entón o pobo espallouse por toda a terra de Exipto para recolleren restrollos no lugar de palla. \v 13 E os capataces apurábanos , dicíndolles: Rematade as vosas tarefas, a vosa tarefa decote, coma cando tiñades palla. \v 14 E azoutaban aos xefes dos fillos de Israel que os capataces puxeran sobre eles, dicíndolles: Por que non rematastes, nin onte nin hoxe, a cantidade de ladrillos requirida coma antes?