gl_exo_text_reg/03/01.txt

1 line
438 B
Plaintext

\c 3 \v 1 E Moisés apacentaba o rabaño de Jetro seu sogro, sacerdote de Madián; e conduciu o rabaño cara a banda occidental do deserto, e chegou a Horeb, o monte de Deus. \v 2 E aparecéuselle Iahveh nunha chama de fogo, no medio dunha silva; e Moisés ollou, e velaí, a silva ardía en lume, e a silva non se daba consumido. \v 3 Entón díxose Moisés: Achegareime agora para ver esta marabilla: por que a silva non se da queimado.