Sat Dec 02 2023 17:13:35 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2023-12-02 17:13:35 +01:00
parent 3c109c482f
commit 43763a2b57
4 changed files with 12 additions and 0 deletions

2
04/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,2 @@
\v 6 \v 7 E engadiu Iahveh: Agora mete a man no teu peito. E el meteu a man no seu peito, e cando a tirou, velaí, a súa man estaba leprosa, branca coma a neve.
7Entón El díxolle: Volve meter a man no teu peito. E el volveu meter a man no seu peito, e cando a tirou do seu peito, velaí, volvérase coma o resto da súa carne.

2
04/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,2 @@
\v 8 \v 9 E acontecerá que se non te cren, nin obedecen o testemuño do primeiro sinal, quizais crean o testemuño do segundo sinal.
9E sucederá que se aínda non cren estes dous sinais, nin escoitan a túa voz, entón tomarás auga do Nilo e derramarala sobre a terra enxoita; e a auga que collas do Nilo converterase en sangue sobre a terra enxoita.

4
04/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,4 @@
\v 10 \v 11 \v 12 \v 13 Entón Moisés díxolle a Iahveh: Por favor, Señor, nunca fun home elocuente, nin onte nin en tempos pasados, nin aínda despois de que falases ao teu servo; porque son tardo na fala e torpe de lingua.
11E Iahveh díxolle: Quen lle fixo a boca ao home? Ou que fai o home mudo ou xordo, con vista ou cego? Non son eu, Iahveh?
12E agora pois, vai, e eu estarei coa túa boca, e ensinareiche o que haxas de falar.
13Pero el díxolle: Rógoche, Señor, envía agora a mensaxe por medio de quen ti queiras.

4
04/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,4 @@
\v 14 \v 15 \v 16 \v 17 Entón acendeuse a ira de Iahveh contra Moisés, e díxolle: Non está alí teu irmán Aarón, o levita? Eu sei que el fala ben. E amais, velaí, el sae a te recibir; ao te ver, aledarase no seu corazón.
15E ti falaraslle, e poñerás as palabras na súa boca; e eu estarei coa túa boca e coa súa boca e vos ensinarei o que habedes de facer.
16Amais, el falará por ti ao pobo; e el servirache coma boca e ti serás para el coma Deus.
17E tomarás na túa man esta vara coa cal farás os sinais.