Sat Dec 02 2023 17:47:35 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2023-12-02 17:47:36 +01:00
parent 6aa1ac5ec8
commit 223f0f0d04
8 changed files with 20 additions and 0 deletions

2
10/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,2 @@
\v 7 \v 8 E os servos de Faraón dixéronlle: Ata cando este home nos será este home causa de ruína? Deixa marchar aos homes para que sirvan a Iahveh seu Deus. Non te decatas de que Exipto está destruído?
8Entón fixeron volver a Moisés e Aarón ante Faraón, e el díxolles: Ide, servide a Iahveh voso Deus. Quen son os que teñen que ir?

3
10/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,3 @@
\v 9 \v 10 \v 11 E Moisés respondeulle: Marcharemos cos nosos mozos e os nosos vellos; coas nosas ovellas e as nosas vacadas marcharemos, porque temos que celebrar unha festa solemne a Iahveh.
10E el díxolles: Así sexa Iahveh convosco se vos deixo marchar a vós e aos vosos cativos! Tede ollo porque tedes malas intencións.
11Non será así; ide agora só os homes, e servide a Iahveh, porque iso é o que pedistes. E botáronos da presenza de Faraón.

2
10/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,2 @@
\v 12 \v 13 Entón Iahveh díxolle a Moisés: Estende a túa man sobre a terra de Exipto, para traeres a lagosta, a fin de que suba sobre a terra de Exipto e devore toda planta da terra, todo o que o pedrazo deixou.
13E estendeu Moisés a súa vara sobre a terra de Exipto, e Iahveh fixo soprar un vento do oriente sobre a terra todo aquel día e toda aquela noite; e ao vir a mañá, o vento do oriente trouxo as lagostas.

2
10/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,2 @@
\v 14 \v 15 E subiron as lagostas sobre a terra de Exipto e asentáronse en todo o territorio de Exipto; e eran moi numerosas. Nunca houbera tantas lagostas coma entón, nin as habería despois.
15Porque cubriron a superficie toda da terra, e a terra escureceuse; e coméronse toda planta da terra e todo o froito das árbores que a sarabia deixara. Así que nada verde ficou en árbore ou planta do campo por toda a terra de Exipto.

3
10/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,3 @@
\v 16 \v 17 \v 18 Entón Faraón chamou a toda presa a Moisés e a Aarón, e díxolles: Pequei contra Iahveh o voso Deus e contra vós.
17Agora pois, rógovos que perdoedes o meu pecado só esta vez, e que roguedes a Iahveh voso Deus, para que tire de min esta morte.
18E Moisés saíu da presenza de Faraón e orou a Iahveh.

2
10/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,2 @@
\v 19 \v 20 E Iahveh cambiou o vento a un vento occidental moi forte que se levou as lagostas e lanzounas ao mar de Canas; nin unha lagosta ficou en todo o territorio de Exipto.
20Pero Iahveh endureceu o corazón de Faraón, e este non deixou marchar aos fillos de Israel.

3
10/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,3 @@
\v 21 \v 22 \v 23 Entón Iahveh díxolle a Moisés: Estende a túa man cara ao ceo, para que haxa tebras sobre a terra de Exipto, tebras tales que poidan apalpárense.
22Estendeu Moisés a súa man cara ao ceo, e houbo densas tebras en toda a terra de Exipto por tres días.
23Non se vían uns a outros, ninguén se ergueu do seu lugar por tres días, pero tódolos fillos de Israel tiñan luz nas súas moradas.

3
10/24.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,3 @@
\v 24 \v 25 \v 26 Entón chamou Faraón a Moisés e díxolle: Ide, servide a Iahveh; só que as vosas ovellas e as vosas vacadas fiquen aquí. Aínda os vosos cativos poden marchar convosco.
25Pero Moisés díxolle: Ti tamén tes que nos dares sacrificios e holocaustos para que os sacrifiquemos a Iahveh noso Deus.
26Por tanto, tamén os nosos gandos irán connosco; nin un pezuño ficará atrás; porque deles colleremos para servirmos a Iahveh noso Deus. E nós non sabemos con que habemos de servirmos a Iahveh ata que cheguemos alá.