gl_ecc_text_reg/08/14.txt

1 line
422 B
Plaintext

\v 14 Hai unha vaidade que se fai sobre a terra: Hai xustos a quen lles acontece segundo as obras dos impíos, e hai impíos que lles acontece segundo as obras dos xustos. Digo que tamén isto é vaidade. \v 15 Por tanto, louvei o pracer, porque nada bo hai para o home debaixo do sol senón comer, beber e alegrarse, e isto o acompañará nos seus traballos, nos días da súa vida que Deus lle teña dado debaixo do sol.