gl_ecc_text_reg/06/09.txt

1 line
549 B
Plaintext

\v 9 Mellor é o que ven os ollos do que a alma desexa. Tamén isto é vaidade e aflición de espírito. \v 10 Todo o que existe hai moito que se lle deu nome, e sábese que o ser humano non se pode enfrentar a Aquel eu é máis poderoso que el. \v 11 Cando aumentan as palabras aumenta a vaidade e iso ao ser humano non lle vale para nada. \v 12 Porque, quen sabe o que lle convén ao ser humano na vida, nos poucos días que vive na vaidade e que pasan como unha sombra? E quen ensinará ao ser humano o que acontecerá despois del debaixo do sol?