\v 7 Volvede, poñedevos en marcha e ide cara a rexión montañosa dos amorreos e onda os seus veciños Arabá, nas montañas, no val, no Neguev e pola beira do mar, a terra dos cananeos e o Líbano, ata o río grande, o río Éufrates. \v 8 Mirade que puxen a terra diante de vós. Entrade e posuide a terra que o Señor xurou dar aos vosos pais Abraham, Isaac e Xacobe, a eles e despois a súa descendencia.