\v 15 Se un home ten dúas mulleres, unha amada e outra aborrecida, e tanto a amada como a aborrecida déronlle fillos, se o primoxénito é da aborrecida, \v 16 o día que reparta o que ten entre os seus fillos, non pode el facer primoxénito ao fillo da amada con preferencia ao fillo da aborrecida, que é o primoxénito, \v 17 senón que recoñecerá ao primoxénito, ao fillo da aborrecida, dándolle unha porción dobre de todo o que ten, porque el é o principio do seu vigor; a el pertence o dereito de primoxenitura.