\c 12 \v 1 Estes son os decretos e os estatutos que teredes coidado de cumprir na terra que Iahveh, o deus de teus pais che deu para que a posúas todos os días que vivas sobre a terra. \v 2 Destruiredes por completo tódolos lugares onde as nacións que vos estades desposuíndo, adoran os seus deuses: nos cumios das montañas, sobre os outeiros e debaixo de toda árbore frondosa.
\v 3 Derrubaredes os seus altares e esnaquizaredes as súas estelas, queimaredes a lume as súas imaxes de Asera e destruiredes as imaxes dos seus ídolos. Extirparedes así os seus nomes daquel lugar. \v 4 Non faredes así con Iahveh o voso Deus,
\v 5 \v 6 senón que o lugar que Iahveh o voso Deus escolla de entre todas as vosas tribos para poñer o seu nome e facer morada, ese procuraredes, e alí iredes. E traeredes alí os vosos holocaustos, os vosos sacrificios, a décima parte do voso, a contribución das vosas mans, as vosas ofrendas votivas, as vosas ofrendas voluntarias, e os primoxénitos dos vosos gandos e dos vosos rabaños.
\v 7 E habedes comer alí na presenza de Iahveh o voso Deus coas vosas familias e alegrarédesvos de todo o voso traballo no que Iahveh o teu Deus te teña bendicido.
\v 8 Non habedes facer así como nosoutros estamos a facer hoxe; que cadaquén faga como ben lle pareza, \v 9 pois ata o de agora ainda non chegastes ao descanso e á herdanza que Iahveh o teu Deus che dá.