\c 1 \v 1 Estas son as palabras que falou Moisés a todo Israel no deserto máis aló do río Xordán, na parljlsfslfsnl. \v 2 Son once díasllls kjskfhsksjnamc kajdhochksjjchkfjhkj kahfskjkjcnskjbkjvbkj
\c 9 \v 1 Escoita, Israel!: Hoxe cruzas o Xordán para entrar a desposuír a nacións máis grandes en número e máis poderosas ca ti, cidades grandes e amuralladas ata os ceos, \v 2 un pobo grande e alto, os fillos dos anaceos, os que coñeces e dos que oíches dicir: "Quen poderá pararse diante dos fillos de Anac?"
\v 3 Pero hoxe vas saber que é Iahveh o teu Deus quen pasa diante de ti: El é lume devorador, El vainos destruír, e El vainos humillar na túa presenza, para que os expulses e acabes con eles axiña, así como che dixo Iahveh.
\v 4 Cando Iahveh o teu Deus os bote da túa presenza, non digas no teu corazón: "Pola miña xustiza foi que Iahveh me trouxo a posuír esta terra", senón que é pola maldade destas nacións que Iahveh as expulsa da túa presenza.
\v 5 Non é pola túa xustiza nin pola rectitude do teu corazón que vas a posuír a súa terra, senón que é pola maldade destas nacións que Iahveh o teu Deus as expulsa da túa presenza, para confirmar a palabra que Iahveh xurou aos teus pais Abraham, Isaac e Xacob.
\v 7 Lémbrate: Non esquezas de que maneira provocaches a ira a Iahveh o teu Deus no deserto: Dende o día que saíches da terra de Exipto ata entrardes neste lugar, fostes rebeldes con Iahveh. \v 8 Mesmo en Horeb provocates a ira a Iahveh, e Iahveh anoxouse tanto contra vós que estivo a piques de destruirvos.
\v 9 Cando subín ao monte para recibir as táboas de pedra, as táboas do pacto que Iahveh fixera con vós, quedei no monte corenta días e corenta noites; e non comín pan nin bebín auga. \v 10 E deume Iahveh as dúas táboas de pedra escritas polo dedo de Deus; e sobre elas estaban todas as palabras que Iahveh vos falou no monte, de entre o lume, o día da asemblea.
\v 11 E foi ao rematar os corenta días e as corenta noites, que me deu Iahveh as dúas táboas de pedra, as táboas do pacto. \v 12 E díxome Iahveh: "Érguete; baixa axiña daquí, pois o teu pobo, o que sacaches de Exipto, corrompeuse. Afastáronse pronto do camiño que lles mandei; fixeron unha imaxe de fundición".
\v 13 E falou Iahveh, dicíndome: "Vin a este pobo, e de certo que é pobo de caluga dura. \v 14 Déixame destruílos e borre o seu nome de debaixo dos ceos, e farei de ti unha nación máis grande e numerosa ca eles!"
\v 15 E dei a volta, e baixei do monte coas dúas táboas do pacto nas miñas mans, e o monte estaba a ser devorado polo lume. \v 16 E velaí. Vin que pecarades contra Iahveh o voso Deus. Fixerádesvos un becerro de fundición; ben axiña vos afastastes do camiño que Iahveh vos tiña mandado!
\v 17 Entón collín as dúas táboas e tireinas das miñas mans e esnaquiceinas diante dos vosos ollos. \v 18 E logo prostreime diante de Iahveh como fixera antes por corenta días e corenta noites; non comín pan nin bebín auga, por mor de todo o pecado que cometerades facendo o malo ante os ollos de Iahveh, para provocalo a ira.
\v 19 Porque temín a ira e o furor co que Iahveh estaba anoxado contra vós para destruirvos. Pero esta vez tamén me escoitou Iahveh. \v 20 E anoxóuse moito Iahveh contra Aarón, tanto como para destruílo; e orei tamén por Aarón naquel tempo.
\v 21 E collín o obxecto do voso pecado, o becerro que vos fixerades, e queimeino no lume, e esnaquiceino, moéndoo ata que quedou tan fino coma o po; e botei o seu po ao torrente que baixaba do monte.
\v 22 Tamén en Taberá, en Masah e en Kibrot-hataava, seguistes provocando a ira a Iahveh. \v 23 E cando vos mandou Iahveh de Cades-barnea, dicindo: "Subide e tomade posesión da terra que vos dei", rebelastesvos contra o mandato de Iahveh o voso Deus; non lle crestes, nin obedecestes a súa voz. \v 24 Vos fostes rebeldes a Iahveh dende o día que vos coñecín!
\v 25 Caín, entón, prostrado diante de Iahveh, os corenta días e as corenta noites, e fixen tal porque Iahveh dixérame que os ía destruír. \v 26 E orei a Iahveh, e dixen: "Oh Adonai Iahveh! Non destrúas o teu pobo e a túa herdanza que pola túa grandeza redimiches, e aos que sacaches de Exipto coa túa forte man.
\v 27 Lémbrate dos teus servos Abraham, Isaac e Xacob; non mires a dureza deste pob o, nin a súa perversidade, nin o seu pecado. \v 28 Non vaia ser que os da terra de onde os sacaches digan: Como Iahveh non puido metelos na terra que lles prometera, ou porque os aborrecía, sacounos para facelos morrer no deserto. \v 29 Pero eles son o teu pobo e a túa herdanza, que ti sacaches co teu gran poder e co teu brazo extendido".