gl_act_text_reg/27/03.txt

1 line
439 B
Plaintext

\v 3 Ao día seguinte chegamos a Sidón. Xulio tratou a Paulo con benignidade permitíndolle ir aos seus amigos e ser atendido por eles. \v 4 De alí partimos e navegamos ao abrigo da illa de Chipre porque os ventos eran contrarios. \v 5 E despois de navegar atravesando o mar fronte as costas de Cilicia e de Panfilia, chegamos a Mira de Licia. \v 6 Alí o centurión atopou unha nave alexandrina que ía para a Italia e embarcounos nela.