gl_act_text_reg/19/26.txt

1 line
435 B
Plaintext

\v 26 E vedes e escoitades que non só en Éfeso, senón en case toda Asia, este Pablo convenceu a moitas persoas, e afastounas, dicindo que os deuses feitos coas mans non son deuses verdadeiros. \v 27 E non só corremos perigo de que o noso oficio caia en descrédito, senón tamén de que o templo da gran deusa Artemisa sexa considerado sen valor, e que ela, a quen adora toda Asia e o mundo enteiro, sexa despoxada da sua grandeza.