\c 14 \v 1 Cando Paulo e Bernabé entraron xuntos na sinagoga de Iconio, falaron de tal xeito que creron moitos xudeus e, tamén, de gregos. \v 2 Mais os xudeus que non crían, instigaron e corromperon os ánimos dos xentís contra dos irmáns.