gl_act_text_reg/19/18.txt

1 line
441 B
Plaintext

\v 18 Tamén moitos dos que creran seguían vindo, confesando e declarando as súas prácticas. \v 19 Entón, moitos dos que practicaban as artes máxicas, xuntando os seus libros, prendéronlles lume diante de todos, e botando contas do seu valor, viron que eran como cincuenta mil moedas de prata.\f (probablemente dracmas gregas. unha dracma equivale a un día de xornal)\f* \v 20 Así medraba con poder a palabra do Señor e prevalecía.