gl_act_text_reg/22/03.txt

1 line
490 B
Plaintext

\v 3 -Eu son xudeu, nado en Tarso da Cilicia, pero criado nesta vila, fun instruído en todo o rigor da lei ancestral aos pés de Gamaliel, sendo tan celoso de Deus coma todos vós. \v 4 Perseguín este Camiño a morte, atando e metendo no cárcere a homes e tamén a mulleres, \v 5 do que poden dar testemuño o sumo sacerdote mailo consello dos anciáns, pois deles recibín cartas para os irmáns en Damasco, e viaxei alá a fin de traelos presos a Xerusalém, para que fosen castigados.