gl_act_text_reg/22/03.txt

1 line
513 B
Plaintext

\v 3 Eu son xudeu, nado en Tarso de Cilicia, pero criado nesta vila, ensinado aos pés de Gamaliel instruído en todo o rigor da lei ancestral, sendo tan celoso de Deus coma todos vós. \v 4 Perseguín este Camiño a morte, atando e metendo no cárcere tanto a homes coma a mulleres, \v 5 do que poden dar testemuña o sumo sacerdote mailo consello dos anciáns. Tamén recibín cartas deles para os irmáns, e saín cara Damasco a fin de traer presos a Xerusalén aos que estaban aló, para que foran castigados.