gl_act_text_reg/24/01.txt

1 line
497 B
Plaintext

\c 24 \v 1 Cinco días máis tarde, o sumo sacerdote Ananías descendeu con algúns anciáns e cun avogado chamado Tértulo e presentaron ao gobernador os seus cargos contra Paulo. \v 2 Despois que chamaron a Paulo, Tértulo comezou a acusalo dicindo ao gobernador: xa que por ti obtivemos moita paz e que pola túa providencia estanse levando a cabo reformas en favor desta nación, \v 3 nós por tódolos medios e en todas partes, recoñecemos isto con profunda gratitude, excelentísimo Félix.