\v 23 Da súa descendencia, segundo á promesa, Deus deulle un Salvador a Israel, Xesús, \v 24 despois de que Xoán predicou, antes da súa vinda, un bautismo de arrepentimento a todo o pobo de Israel. \v 25 E cando Xoán estaba a piques de rematar a súa carreira, dicía: -Quen pensades que son eu? Eu non son o Cristo; pero velaquí vén tras de min un de quen non son digno de desatar as sandalias dos seus pés.