\v 7 Rematando a viaxe dende Tiro, chegamos a Tolemaida, e despois de saudar aos irmáns, quedamos con eles un día. \v 8 Ao día seguinte partimos e chegamos a Cesarea, e entrando na casa de Filipe, o evanxelista, que era un dos sete, quedámonos onda el. \v 9 Este tiña catro fillas solteiras que profetizaban.