\c 8 \v 1 E Saulo concordaba con eles na súa morte. Naquel día desatouse unha grande persecución contra a igrexa en Xerusalém, e foron todos espallados polas rexións da Xudea e da Samaria, agás os apóstolos. \v 2 Homes piadosos foron os que sepultaron a Estevo, e choraron e lamentáronse grandemente por el. \v 3 Pero Saulo facía estragos na igrexa entrando de casa en casa, e arrastrando a homes e mulleres, metíaos no cárcere.