\v 17 Cando chegamos a Xerusalén, os irmáns recibíronnos con gozo. \v 18 E ao día seguinte Paulo foi connosco a ver a Xacobe e tódolos anciáns estaban presentes. \v 19 E despois de saudalos, comezou a informarlles unha por unha as cousas que Deus fixera entre os xentís polo seu ministerio.