Fri Nov 22 2024 00:04:59 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-22 00:04:59 +01:00
parent 4bac346139
commit b9c49ef1d0
20 changed files with 20 additions and 0 deletions

1
14/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 Cando a muller tecoa falou ao rei, caeu sobre o seu rostro en terra, e prostrouse, e dixo: -Axúdame, rei! \v 5 E o rei díxolle: -Que che pasou? E ela respondeu: -En verdade son viúva; o meu marido morreu. \v 6 A túa serva tiña dous fillos; e discutiron no campo, e cando non había quen os separara, un feriu ao outro e matouno.

1
14/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 E agora, toda a familia se levantou contra a túa serva, e dixeron: -Entregade ao que feriu o seu irmán para que teñamos que darlle morte por mor da vida do seu irmán que o matou, e habemos destruír tamén o herdeiro. Así matarán o último que me quede e non deixarán o nome do meu marido, nin remanente sobre a face da terra.

1
14/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E o rei dixo á muller: -Vai á túa casa e eu darei ordes en canto a ti. \v 9 Entón a muller tecoa dixo ao rei: -Ai meu señor o rei, que a culpa sexa sobre min e sobre a casa do meu pai, pero o rei e o seu trono sexan inocentes.

1
14/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 E o rei dixo: -Traéme o que fale contra ti e non te ha molestar máis. \v 11 E ela dixo: -Rógolle que o rei se lembre de Iahveh o seu Deus, para que o vingador do sangue non aumente o dano e non destrúa o meu fillo. E el dixo: -Vive Iahveh, que non caerá a terra nin un pelo do teu fillo!

1
14/12.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 12 Entón a muller dixo: -Permite que a túa serva fale unha palabra máis ao meu señor o rei. E el dixo: -Fala. \v 13 E dixo a muller: -Por que, pois, pensaches tal cousa contra o pobo de Deus? Porque ao dicir isto, o rei faise culpable por non traer de volta o seu desterrado. \v 14 Porque certamente todos morreremos, e somos coma a auga derramada en terra que non se pode recoller outra vez. Pero Deus non quita a vida, senón que diseña medios para que o desterrado non siga lonxe del.

1
14/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Agora pois, vin dicir esta palabra ao meu señor o rei, porque o pobo fíxome ter medo; e a túa serva dixo: Falarei agora ao rei; poida ser que o rei faga caso do que pide a súa serva. \v 16 Pois o rei escoitará para rescatar á súa serva da man do home que procura destruírme a min e a meu fillo, eliminándoos da herdanza de Deus. \v 17 E a túa serva pensou tamén: -Sexa de consolo para min a palabra do meu señor o rei, porque o meu señor o rei é coma un anxo de Deus, para discernir o bo do malo, pois Iahveh o teu Deus está contigo.

1
14/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Entón o rei respondeu e dixo á muller: -Non me agoches nada do que che vou preguntar. E a muller dixo: -Rogo a meu señor o rei que fale. \v 19 E dixo o rei: -Non anda a man de Ioab metida en todo isto? E a muller respondeu e dixo: -Vive a túa alma! Ó meu señor o rei! Non hai maneira de desviar a dereita nin a esquerda de nada do que di meu señor o rei. En verdade o teu servo Ioab deume ordes, e el puxo todas estas palabras na boca da túa serva. \v 20 O teu servo Ioab fixo isto para mudar a aparencia deste asunto; pero meu señor é sabio como un anxo de Deus, para coñecer todo o que hai na terra.

1
14/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 Entón o rei dixo a Ioab: -Velaquí, agora farei isto: vai e trae o mozo Absalom! \v 22 E Ioab caeu rostro a terra e prostrouse e bendixo ao rei, e dixo Ioab: -Meu señor o rei, hoxe o teu servo sabe que atopei graza ante os teus ollos, pois o rei concedeu o que o seu servo pedía.

1
14/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 Entón levantouse Ioab e foi a Guesur, e trouxo de volta a Absalón a Xerusalém. \v 24 Pero o rei dixo: -Que volva á súa casa e non vexa a miña faciana. E Absalón volveu á súa casa e non viu a faciana do rei.

1
14/25.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 25 En todo Israel non había home tan fermoso e tan admirado como Absalom; dende a planta do seu pé ata a cabeza non había defecto nel. \v 26 Cando se cortaba o cabelo (pois ao final de cada ano cortábao, pois pesaba moito para el e entón rapábase), o peso do cabelo era de douscentos siclos segundo o peso real. \v 27 E a Absalom nacéronlle tres fillos e unha filla que se chamaba Tamar; era unha muller moi fermosa.

1
14/28.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 28 E Absalón residiu en Xerusalém por dous anos enteiros sen ver a faciana do rei. \v 29 Entón Absalón mandou chamar a Ioab para mandalo ao rei, pero el non quixo ir. Mandou por segunda vez, e el non quixo ir.

1
14/30.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 30 Entón dixo aos seus servos: -Velaí, o campo de Ioab está xunto o meu, e hai cebada alí; ide e prendédelle lume! E os servos de Absalom prenderon lume no campo. \v 31 Entón Ioab ergueuse e foi a casa de Absalón, e díxolle: -Por que prenderon lume os teus servos ao meu campo?

1
14/32.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 32 E Absalón respondeu a Ioab: -Velaquí, mandei por ti, dicindo: ven para te mandar ao rei e dicirlle: para que vin de Guesur? Mellor sería para min quedar aínda alí. Agora, que vexa eu o rostro do rei; e se hai culpa en min, que me mate! \v 33 Entón Ioab foi onda o rei e fíxollo saber; e este chamou a Absalom, e el veu e prostrouse en terra sobre o seu rostro diante do rei; e o rei bicou a Absalom.

1
15/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 15 \v 1 Despois disto aconteceu que Absalom fíxose con carros e cabalos, e cincuenta homes para correr diante del. \v 2 E Absalón erguíase moi cedo e poñíase á beira do camiño xunto á porta; e cando calquera que tiña un caso e viña ao rei para xuízo, Absalón chamábao e dicíalle: -De que cidade es? E el respondía: -O teu servo é dunha das tribos de Israel.

1
15/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 E Absalom dicíalle: -Mira, o teu caso é bo e xusto, pero non hai ninguén de parte do rei que te escoite. \v 4 E dicía tamén Absalom: -Que bo sería que me fixesen xuíz na terra! Entón toda persoa que tivese un litixio ou causa viría a min e eu faríalle xustiza.

1
15/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 E acontecía que cando algún se achegaba para prostrarse diante del, el estendía a súa man, levantábao e bicábao. \v 6 E así facía Absalom con todos os israelitas que viñan ao rei para xuízo, e deste xeito roubaba Absalom o corazón dos homes de Israel.

1
15/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 7 E sucedeu que ao cabo de catro anos, Absalom dixo ao rei: -Rógoche que me deixes ir a Hebrón para cumprir o meu voto que fixen a Iahveh. \v 8 Pois o teu servo fixo un voto cando vivía en Guesur de Aram, dicindo: se Iahveh me fai volver a Xerusalém, entón servirei a Iahveh.

1
15/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 E o rei díxolle: -Vai en paz. E el levantouse e foi a Hebrón. \v 10 Mais Absalón mandou espías por todas as tribos de Israel, dicindo: -Cando escoitedes o son da trompeta, diredes: Absalón reina en Hebrón!

1
15/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 E con Absalom ían douscentos homes de Xerusalém, convidados, pero ían inxenuamente, sen saber nada. \v 12 E Absalón mandou chamar a Ahitofel o guilonita, conselleiro de David, dende a súa cidade de Guilo, ao tempo que ofrecía os sacrificios. E a conspiración ía fortalecéndose pois os seguidores de Absalón ían medrando entre o pobo.

1
15/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Entón chegou un mensaxeiro a David, dicindo: -O corazón dos homes de Israel está con Absalom. \v 14 Entón David dixo a todos os seus servos que estaban con el en Xerusalém: -Erguédevos, temos que fuxir, porque non haberá escapatoria para ningún de nós por causa de Absalón! Apurádevos, non sexa que nos alcance axiña e traia maldade sobre nós e ataque a cidade a fío de espada! \v 15 E os servos do rei dixéronlle: -Velaquí, os teus servos están preparados para facer todo o que o noso señor o rei desexe!