gl_1sa_text_reg/05/01.txt

1 line
369 B
Plaintext

\c 5 \v 1 Cando os filisteos capturaron a arca de IHVH, leváronna de Eben-Ezer a Asdod. \v 2 E os filisteos colleron a arca de IHVH e metéronna no templo de Dagón e puxéronna xunto a Dagón. \v 3 Ao día seguinte, cando se ergueron as xentes de Asdod, velaí que Dagón estaba prostrado por terra diante da arca de IHVH e colleron a Dagón e o puxeron no seu sitio.