gl_1sa_text_reg/01/19.txt

1 line
316 B
Plaintext

\v 19 Á mañá seguinte erguéronse moi cedo, adoraron diante do Señor e volveron para a súa casa en Ramá. E Elcana deitouse coa súa muller Ana e o Señor lembrouse dela. \v 20 Despois de ter concebido, Ana deu a luz no seu tempo un fillo ao que lle puxo por nome Samuel, dicindo: "Porque llo pedira ao Señor."