\v 3 Aquel home subía todos os anos da súa cidade para adorar e ofrecer sacrificio ao Señor dos exércitos en Silo, onde eran sacerdotes do Señor os dous fillos de Elí, Ofni e Finees. \v 4 Cando chegaba o día, Elcana en ofrecía sacrificio, e daba a porción a Penina, a súa muller, e a todos os seus fillos e fillas.
\v 19 Á mañán seguinte ergueronse moi cedo, adoraron diante do Señor e volveron para a súa casa en Ramá. E Elcana deitouse coa súa muller Ana e o Señor se lembrou dela. \v 20 Despois de ter concebido, Ana deu a luz no seu tempo un fillo ao que lle puxo por nome Samuel, dicindo:"Porque llo pedira ao Señor"
\v 21 Subiu o seu home Elcana con toda a súa familia para ofrecer o sacrificio anual e cumprir á súa promesa. \v 22 Mais Ana non subiu, dicindolle ao seu home: Non subirei ata que destete ao neno. Entón o levarei para presentálo diante do Señor e que quede alí para sempre. \v 23 Elcana, o seu home, lle dixo: Fai coma che pareza mellor. Queda ata que o destetes, e que o Señor confirme a túa promesa. Ana quedou e criou ao seu fillo ata que o destetou.
\v 24 Despois de télo destetado, ainda que o neno era pequeno, colleuno consigo e o trouxo á casa do Señor en Silo. \v 25 Tamén levou un cuxo de tres anos, un efa de fariña e un pelello de viño.
\v 26 Oh, señor meu!, dixo Ana. Vive a túa alma, meu señor. Eu son a muller que estivo aquí orando ao Señor xunto a ti. \v 27 Oraba por este neno e o Señor me concedeu a petición que lle fixen. \v 28 Polo que eu tamén o adiquei ao Señor todos os días da súa vida. E adorou ao Señor.
\c 2 \v 1 Entón Ana orou e dixo: O meu corazón alégrase no Señor, a miña fortaleza exaltase no Señor, a miña boca fala sen medo contra os meus inimigos, xa que me alegro na Túa salvación
\v 3 Non presumades con tanto orgullo, nen saia arrogancia da vosa boca, porque o Señor é Deus de sabedoría e El é quen pesa as accións. \v 4 Os arcos dos fortes son quebrados, mais os débiles cínguense de poder.
\v 8 Ergue do pó ao pobre, levanta da esterqueira ao necesitado para que sente cos principes e herde un sitio de honor, xa que as colunas da terra son do Señor e sobre elas asentou o mundo
\v 10 Os que se enfrentan ao Señor serán abatidos, El tronará desde os ceos contra deles. O Señor xulgará os confíns da terra, dará vigor ao seu rei, e afirmará o poder do seu unxido.
\v 12 Mais os fillos de Elí eran homes indignos. Non coñecían ao Señor \v 13 nen os costumes dos sacerdotes para co pobo. Cando alguén ofrecía sacrificio, mentres se cocía a carne, viña o criado do sacerdote cun tenedor de tres dentes na man, \v 14 metíao na cazola, na pota, na caldeira ou no caldeiro e todo o que o garfo sacaba, collíao para o sacerdote. E así facían en Silo con todos os israelitas que ían ata alí.
\v 15 Ademais antes de queimar a graxa, viña o criado do sacerdote e lle dicía ao home que ofrecía o sacrificio: "Dálle ao sacerdote a carne para asar, pois non acepta a carne cocida, senon carne crúa. \v 16 E se o home lle dicía: "Primeiro hai que queimar a graxa e despois toma todo o que queras". El lle respondía: "Non, dáma a min agora, senon a collerei pola forza". \v 17 O pecado destes mozos era moi grande ante o Señor, porque menosprezaban as ofrendas do Señor.
\v 18 Samuel, ainda neno, ministraba diante do Señor con roupa sacerdotal \f (n.d.t.: no orixinal "efod") \f* de liño. \v 19 Súa nai lle facía unha túnica pequena cada ano, e traíalla cando subía co seu home para o sacrificio anual.
\v 20 Eli bendicía a Elcana e á súa muller e dicía: "Que Deus che dea fillos desta muller no lugar do que ela ofreceu ao Señor". E volvían para a súa casa. \v 21 O Señor visitou a Ana, que concebiu e pariu tres fillos e dúas fillas. E Samuel crecía diante do Señor
\v 22 Sendo Eli xa moi ancián, escoitou todo o que os seus fillos estaban facendo a todo Israel, como se deitaban coas mulleres que servían á entrada da Tenda de Reunión \v 23 e preguntoulles: "Por que facedes estas cousas? Cousas malas que escoito falar a todo o pobo". \v 24 Non, fillos, non é bo o rumor que escoitei, pois afastades ao pobo do Señor.
\v 25 Se un home peca contra outro, Deus mediará por el. Mais se un home peca contra o Señor, quen intercederá por el? Mais eles non escoitaron as palabras o seu pai, porque o Señor xa decidira que morresen. \v 26 E o xoven Samuel ía crecendo en estatura e en gracia diante do Señor e diante dos homes.
\v 27 Un home chegou onda Elí e lle dixo: "Así di o Señor: Non me revelei á casa do teu pai cando eles eran escravos en Exipto na casa de Faraón? \v 28 Non vos escollín de entre todas as tribos de Israel para ser os meus sacerdotes, para subir ao meu altar, para queimar incenso, para levar efod diante de min? Dinlle a casa do teu pai todas as ofrendas encendidas polos fillos de Israel.
\v 29 Por que pisades os meus sacrificios e as miñas ofrendas que demandei para a miña casa e honras aos teus fillos máis que a min, engordándovos co mellor de cada ofrenda do meu pobo Israel? \v 30 Por tanto, o Señor, Deus de Israel, declara: "Eu lle dixera a túa familia e a familia do teu pai que andariades diante de min para sempre". Mais agora o Señor di: "Lonxe de min todo isto, porque eu honrarei aos que me honran e os que me desprezar serán tidos en pouco.
\v 31 Polo tanto, veñen días nos que quitarei a tua forza e a forza da casa do teu pai, e non haberá ancián na túa casa. \v 32 Verás con angustia todo o ben que lle fago a Israel, mais nunca haberá vello na túa casa. \v 33 Non cortarei do meu altar a algún dos teus, para consumir os teus ollos e facer esmorecer a túa alma, todos os nacidos na túa casa morrerán na forza da vida.
\v 34 En canto aos teus dous fillos, Ofni e Finees, este será o sinal para ti: os dous morrerán o mesmo día. \v 35 Mais levantarei para min un sacedorte fiel que fará conforme os desexos do meu corazón e da miña alma. E levantarei unha casa duradeira e el andará diante de meu unxido.
\v 36 E todo o que quede vivo da túa casa, virá e se postrará diante del por unha moeda de prata ou por unha torta de pan e diralle: Dame un dos traballos sacerdotais para que poda comer un anaco de pan.
\c 3 \v 1 O neno Samuel ministraba para o Señor na presenza de Elí. A palabra do Señor era escasa naqueles días e non abundaban as visións. \v 2 Un día estando Elí deitado no sitio de costume (os seus ollo comenzaban a oscurecerse e non podía ver ben), \v 3 cando a lámpara de Deus ainda non se apagara e Samuel estaba deitado no templo do Señor perto da arca de Deus, \v 4 que o Señor chamou a Samuel e el repondeu:"Estou aquí".
\v 5 Entón correu cara Elí e lle dixo: Aquí estou, xa que me chamaste. Mais Elí respondeu: Non te chamei, volve a deitarte. E el se deitou. \v 6 O Señor volveu a chamálo: Samuel!. E Samuel se ergueu , foi cara Elí e lle dixo: Aqui estou, xa que me chamate". Elí respondeu: Non te chamei, meu fillo, volve a deitarte.
\v 7 Samuel ainda non coñecía ao Señor, nen se lle revelara ainda a palabra do Señor. \v 8 O Señor volveu a chamar a Samuel por terceira vez. E el se ergueu, foi cara Elí e lle dixo: Aqui estou, xa que me chamaste. Entón Elí entendeu que o Señor estaba chamando ao rapaz.
\v 10 Entón o Señor se presentou e o chamou como nas outras ocasións: Samuel, Samuel! E Samuel repondeu: Fala que o teu servo escoita. \v 11 E o Señor lle dixo a Samuel: estou por facer en Israel una cousa que fará tremer os ouvidos dos que oian.
\v 12 Ese día cumprirei en Elí todo o que dixen sobre a súa casa, desde o principio ata o fin. \v 13 Porque lle fixen saber que estou ao punto de xulgar a súa casa para sempre por causa do pecado que el xa coñecía, porque os seus fillos trouxeron sobre si unha maldición e el non os reprendeu. \v 14 Polo tanto xurei á casa de Elí que o seu pecado non será expiado xamais, nen con sacrificios nen con ofrendas.
\v 15 Samuel se deitou ata pola mañán. Entón abriu as portas da casa do Señor. Mais Samuel tiña temor de lle contar a visión a Elí. \v 16 Así que Elí chamou a Samuel e lle dixo: Samuel, meu fillo. Aquí estou, respondeu Samuel.
\v 17 Elí dixo: Que palabra El che falou? Rógoche que non ma ocultes. Así che faga o Señor e ainda máis se me ocultas algo de todas as palabras que El che falou. \v 18 Entón Samuel contoullo todo, sen ocultarlle nada. E Elí dixo: El é o Señor, que faga o que lle pareza.
\v 19 Samuel creceu e o Señor estaba con el. Non deixou sen cumprir ningunha das súas palabras. \v 20 E todo Israel desde Dan ata Beerseba soubo que Samuel fora confirmado coma profeta do Señor. \v 21 E o Señor volveu a aparecer en Silo, pois era alí onde se revelaba pola súa palabra a Samuel.
\c 4 \v 1 A palabra de Samuel chegaba a todo Israel. Cando Israel saiu para enfrentarse aos filisteos, acampou en Ebenezer, mentres que os filisteos acamparan en Afec. \v 2 Os filisteos se puxeron en orde de combate para enfrentarse a Israel. Entablada a batalla, Israel foi derrotado diante dos filisteos, quen mataron como a catro mil homes no campo de batalla.
\v 3 Cando a tropa volveu ao campamento, os anciáns de Israel dixeron: Por que o Señor nos fixo perder diante dos filisteos? Collamos con nós en Silo a arca da alianza do Señor para que vaia no meio de nós e nos libre do poder dos nosos inimigos. \v 4 Entón o pobo mandou xente a Silo e trouxero de alí a arca da alianza do Señor dos exércitos que está enriba dos querubíns. Os dous fillos de Elí, Ofni e Finees, estaba coa arca da alianza de Deus.
\v 5 Cando a arca da alianza entrou no campamento, todo Israel berrou tan forte que tremou a terra. \v 6 Ao escoitar os filisteos o berro, dixeron: Qué é ese grande berro no campamento dos hebreos?. Entón entenderon que a arca do Señor chegara ao campamento.
\v 7 Os filisteos tiveron medo e dixeron: Deus entrou no campamento. E engadiron: Ai, de nós! Porque non acontecera nada como isto antes. \v 8 Ai, de nós! Quen nos librará da man destes deuses poderosos? Estes son os deuses que feriron aos exipcios no deserto con todas as pragas. \v 9 Tende ánimo e sede homes, oh, filisteos, para que non cheguedes a ser escravos dos hebreos coma eles foran escravos vosos. Sede homes e pelexade.
\v 10 Os filisteos pelexaron, Israel foi derrotado e cada quen fuxiu para a súa tenda. A matanza foi moi grande, xa que caeron trinta mil soldados de infanteria de Israel. \v 11 A arca de Deus foi capturada e morreron Ofni e Finees, os dous fillos de Elí.
\v 12 Un home da tribo de Benxamín correu desde o campo de batalla e chegou a Silo no mesmo día coas vestiduras rachadas e ca cabeza cuberta de po. \v 13 Cando chegou, Elí estaba sentado na súa cadeira xunto ao camiño, porque o seu corazón tremaba pola arca de Deus. Cando o home chegou coa nova à cidade, toda a cidade berraba.
\v 14 E ao escoitar Elí o ruido dos berros dixo: Que é este rebumbio? Entón o home achegouse correndo e lle deu a nova. \v 15 Elí tiña noventa e oito anos, e os seu ollos cegaran e non podía ver.
\v 16 O home lle dixo a Elí: Eu son o que veu do campo de batalla. Fuxín hoxe da batalla. Elí perguntou: Como foron as cousas, meu fillo? \v 17 O que trouxo a nova respondeu: Israel fixiu diante dos filisteos, ademais houbo grande matanza entre o pobo, tamén morreron os teus dous fillos Ofni e Finees e a arca de Deus foi capturada.
\v 18 Cando mencionou a arca de Deus, Elí caeu do seu asento cara atrás, xunta a porta, rompeu a caluga e morreu, xa que era un home maior e pesaba moito. Elí xulgara en Israel por coarenta anos.
\v 19 A súa nora, a muller de Finees, estaba embarazada e xa a punto de parir, ao escoitar a nova de que a arca de Deus fora capturada e que o seu sogro e o seu home morreran, axeonllouse e deu a luz, porque lle viñeron as dores de parto. \v 20 Ao momento en que morria, as mulleres que estaban con ela lle dixeron: Non temas, porque pariches un fillo. Mais ela non respondeu nen puxo atención.
\v 21 Mais chamou ao neno Icabod e dixo: Marchou a glroria de Israel, por ter sido capturada a arca de Deus e pola morte do seu sogro e do seu home. \v 22 Ela dixo: Marchou a gloria de Israel porque a arca de Deus foi capturada.